
© PontevedraViva
Libasse Guèye queda en Pasarón

Por Manu Otero

© Mónica Patxot
O caso Guèye toca ao seu fin. O cume entre o representante do xogador e a directiva do Pontevedra concluíu a última hora desta tarde de xoves coa decisión de reincorporar ao futbolista senegalés á dinámica do primeiro equipo.
Na reunión ambas as partes analizaron todo o currido e finalmente acordaron o peche do expediente coa imposición da sanción económica proposta polo club.
O comunicado do Pontevedra recolle que "finalizada a reunión entre o axente do xogador Libasse Guèye e a entidade, péchase o expediente coa sanción económica proposta polo club. Ambas as partes desexan pasar páxina e que a reincorporación de Libasse á disciplina do equipo sexa boa para o equipo".
Con esta medida ponse fin a unha semana na que o culebrón Gueye eclipsou a vitoria fronte ao Alxeciras e a transcendencia do encontro previsto para este sábado en Pasarón fronte ao Linares.
Despois de dous meses e medio desaparecido, Libasse Guèye presentouse o sábado en Pasarón para presenciar o partido como un afeccionado máis na bancada de Fondo Sur. O luns reuniuse coa directiva, o martes compareceu en rolda de prensa para pedir perdón e o mércores uniuse aos adestramentos co primeiro equipo. Agora queda por ver como o recibe a afección cando salte ao campo coa camiseta granate posta.
Agora, co expediente xa pechado, o extremo senegalés supón un novo reforzo para o tramo final da tempada na que o Pontevedra soña coa permanencia.
Relacionadas:
-
Que ninguén dea por morto ao Pontevedra de Juan Antonio Señor (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Señor, ante o partido contra o Linares: "O único que nos vale é a vitoria"
Por Almu Dapena |
-
Libasse Guèye xa é un máis nos adestramentos do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Guèye, arrepentido, pide perdón e volver formar parte do equipo
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra estuda con Gueye as medidas a tomar pola súa espantada
Por Manu Otero |
-
Señor e o 'caso Guèye': "Comentáronme que está aquí e pode estar á miña disposición"
Por Almu Dapena |