Guèye e o Pontevedra, un culebrón sen fin
Por Diego Espiño
A pretempada do Pontevedra Club de Fútbol avanza e o 'expediente X' que rodea a Libasse Guèye segue sen ter un final.
O futbolista, que conta cun ano máis de contrato tras exercer o club unha cláusula de renovación sobre o mesmo, atópase en Senegal e segue sen reincorporarse á disciplina do equipo.
"Están a falar para ver cal é o seu futuro", recoñeceron no inicio da pretemporada Charles e Yago Iglesias preguntados respecto diso, pero a situación máis dunha semana despois aínda non se aclarou.
Neste sentido, segundo apunta o portal PontevedraCF.net aludindo a fontes próximas ao futbolista, Guèye mantén a súa intención de deixar o Pontevedra, aínda que o quere facer pola vía dun traspaso. A súa contorna de feito alude a dúas supostas ofertas de equipos de Letonia e Qatar para facerse cos seus servizos, pero que polo momento non chegaron a bo porto ao non querer desembolsar a cantidade que pide a entidade de Pasarón pola súa liberdade.
Do mesmo xeito que hai uns meses, cando se deu á fuga deixando ao club granate na estacada en plena tempada, a situación entre o Pontevedra e Libasse vai camiño de converterse nunha telenovela. Veremos nesta ocasión con que final.
Relacionadas:
-
Guèye, con ficha no segundo equipo polo menos ata xaneiro: "Vai ser un xogador máis do filial"
Por Diego Espiño |
-
Libasse Guèye reaparece en Pontevedra seis meses despois adestrando co filial
Por Diego Espiño |
-
Libasse Guèye reaparece en redes sociais cun dardo ao Pontevedra: "Non me dan a oportunidade de volver"
Por Diego Espiño |
-
Charles, unha baza decisiva para convencer ás fichaxes: "En canto falei con el díxome que ía ser un bo equipo para ascender"
Por Diego Espiño |
-
A última ficha sénior do Pontevedra xa ten dono: o extremo Dalisson de Almeida
Por Redacción |
-
Yago Iglesias, satisfeito a pesar da derrota contra o Coruxo: "Esta é a liña"
Por Diego Espiño |
-
Os dorsais do novo Pontevedra, ao descuberto tras o primeiro amigable estival
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "O equipo empeza a asimilar certas cousas. Sacamos conclusións para seguir traballando"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra desínflase tras o descanso ante un Racing de Ferrol máis rodado (1-5)
Por Redacción |
-
Javier Hermelo, primeira lesión na pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Os granates agardarán por unha "oportunidade de mercado" para adxudicar a súa última ficha sénior
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra de Yago Iglesias bota a andar
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Libasse Guèye queda en Pasarón
Por Manu Otero |
-
Guèye, arrepentido, pide perdón e volver formar parte do equipo
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra estuda con Gueye as medidas a tomar pola súa espantada
Por Manu Otero |