Jesús Ramos lembra que o ano pasado "viñamos dunha serie de cinco empates e unha derrota e ao final conseguiuse o ascenso"
Por Almu Dapena
Esquecido o mal partido da pasada xornada ante o Betanzos, o Pontevedra B afronta esta fin de semana un novo reto para recuper sensacións visitando á Sarriá (16:30 horas).
Para Jesús Ramos, foi "o único partido no que o equipo non competiu ben, na primeira media hora castigáronnos en dúas accións e despois do 0-2 é coma se pegásenlle unha puñada e afúndeno", analizou o técnico granate.
O Betanzos "foi xusto vencedor, pasounos por encima a nivel físico e de contundencia. Un partido malo pódeo ter calquera, se se repite máis veces sería problemático", explicou.
Neste sentido, Ramos prefire quitarlle ferro ao asunto e lembrar a situación do ano pasado, cando "viñamos dunha serie de cinco empates e unha derrota e ao final de tempada conseguiuse o ascenso".
Ademais, asegurou que "os equipos filiais empezan a rodarse moito máis a partir de xaneiro. Estamos a adestrar un día máis, hai que incorporar novas pezas... Hai momentos en que baixan os mozos que están co primeiro equipo, lesiónanseche xogadores que tes no plantel e moitas veces non es capaz de unir as pezas e vas con parches". A pesar diso, o técnico granate di que esta situación "non é escusa" porque "competiuse moi ben en todos os partidos. Gañáronnos partidos por certos detalles e esperamos que este domingo en Sarria podamos conseguir unha vitoria".
En canto aos seus xogadores, recoñeceu que Víctor Casáis "adestrou moi ben, co grupo" e Guèye, que xa cumpriu a súa terceira semana co grupo, "está a adaptarse e está a ser receptivo".
Relacionadas:
-
Remontada do Paiosaco contra un Pontevedra B que acabou con dez (1-3)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B neutraliza o Arosa (0-0)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Goleada da Sarriana ao Pontevedra B (5-0)
Por Redacción |
-
Libasse Guèye, titular na derrota do Pontevedra B ante o Betanzos (0-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Guèye goza de minutos no empate do Pontevedra B ante o Silva (0-0)
Por Redacción |
-
Guèye, con ficha no segundo equipo polo menos ata xaneiro: "Vai ser un xogador máis do filial"
Por Diego Espiño |
-
Libasse Guèye reaparece en Pontevedra seis meses despois adestrando co filial
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra B cae en casa do Polvorín (1-0)
Por Redacción |