Traballado triunfo do Arosa ante o Silva (2-0)
O Arosa sumou este domingo a súa terceira vitoria seguida na Lomba ante un Silva que segue en postos de descenso. O cadro de Vilagarcía estaba obrigado a puntuar tras o triunfo do líder Fabril e cumpriu diante da súa afección para manterse a tan só dous puntos dos de Abegondo.
E é que a pesar de ter numerosos xogadores entre algodóns e as baixas de Sylla e Pacheco por sanción, o equipo de Luisito traballou e pelexou para seguir postulado como un dos favoritos ao ascenso.
Realizou unha boa primeira parte o Arosa, con infinidade de ocasións coas que puido inclinar a balanza ao seu favor, pero fallou a finalización.
Despois do descanso, o Silva veu arriba e buscou o 0-1, pero topouse cun Manu Táboas ben plantado que salvaba os mobles ao seu equipo.
E cando mellor estaba a facelo o conxunto visitante chegou o gol do Arosa. Brais sacou un centro chute imparable para o gardameta e anotou o 1-0 no minuto 70 que deu vida ao seu equipo.
Buscaron os da Coruña o empate, pero os de Luisito xogaron ben as súas cartas á hora de defender para non deixar escapar a vitoria. E xa no tempo de desconto, apareceu Hugo Losada para asinar o 2-0 co que concluíu o duelo.
Imaxes do partido entre Arosa - Silva na Lomba
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Triunfo do Arosa en Ourense (2-3) para manter o pulso co Fabril, que tamén gaña en Somozas
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Arosa ante o Choco para meter presión o Fabril (1-0)
Por Redacción |
-
Arosa e Asociación Bata unen forzas para dar visibilidade ás persoas con autismo
Por Redacción |
-
O Arosa salva un empate en Arteixo (2-2)
Por Redacción |
-
O Arosa perde ante a Gran Peña cun menos, pero o Fabril tamén (2-1)
Por Redacción |
-
O Arosa sálvase e suma tres puntos contra o Viveiro (1-0)
Por Redacción |
-
O Arosa rescata un punto na súa visita ao Rápido de Bouzas (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa non pasa do empate contra o Estradense (1-1)
Por Redacción |