O Arosa sálvase e suma tres puntos contra o Viveiro (1-0)
Por Redacción
O Arosa suma e segue na súa loita por manterlle o pulso ao líder Fabril tras gañar ao Viveiro pola mínima na Lomba.
Foi dominador o conxunto arlequinado durante a primeira metade, que tivo a primeira clara ocasión aos catro minutos de xogo. Brais Pedreira botou unha falta que rematou Sylla cun cabezazo que foi rozando o pau. A resposta do Viveiro chegou por parte de Barroso, que correu a banda esquerda pero topouse con Manu Táboas.
Aos poucos os visitantes fóronse facendo donos do balón, con Rolle buscando a Sané por banda dereita, pero os seus centros atopábanse co gardameta arlequinado. Mentres, o Arosa respondía cunha xogada trenzada entre Julio Rey e Borja Míguez, pero o dianteiro foi incapaz de rematar dentro da área.
Comezou o Arosa a xerar perigo en área rival tras esa ocasión e no minuto 28 tivo a máis clara ata o momento. Javi Sandá chegou ata liña de fondo tras un saque de banda e o seu disparo case sen ángulo estrelouse no pau.
Cos de Luisito envorcados en tarefas ofensivas, non tardou en chegar o segundo tanto. Sacou de falta lateral Julio Rey buscando o corazón da área e *Édgar peiteou cara á súa propia portería, con tal mala sorte que o esférico se coou no interior da rede facendo o 1-0.
Puido o Arosa poñer máis terra polo medio antes de alcanzar o descanso, pero un cabezazo de Sylla atrapouno Casillas e as transicións rápidas que terminaban en botas de Javi Sandá non atopaban o seu obxectivo.
Tamén se topou co traveseiro Brais Pedreira e Sylla tentou bater ao gardameta rival cun disparo axustado, pero Casillas meteu unha man salvadora para evitar o segundo gol ao fío do descanso.
Tras o paso polos vestiarios, o Arosa saíu a por o segundo gol, pero a pesar das ocasións, eran incapaces de facer dano ao Viveiro, que movía ficha para frear aos arlequinados, que tamén recorrían ao balón parado.
Aos poucos espertou o Viveiro e avisaron nun par de contragolpes aos locais, que vían perigar a vitoria e perdían balóns perigosos que daban vida a un Viveiro que buscaba o empate por medio de Sergio e Diego.
Reclamaron os visitantes un penalti no 83 e Fanego rozou a igualada no 86 cun tiro que se foi rozando o pau.
Entrou o partido nos seus últimos instantes e rompeu por completo, con ocasións para ambos os conxuntos ata que o colexiado pitou o final.
Nova vitoria do Arosa que lle permite seguir moi de preto ao líder Fabril.
Relacionadas:
-
O Arosa salva un empate en Arteixo (2-2)
Por Redacción |
-
Traballado triunfo do Arosa ante o Silva (2-0)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arosa rescata un punto na súa visita ao Rápido de Bouzas (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa non pasa do empate contra o Estradense (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa mantenlle o pulso o Fabril con vitoria ante o Alondras (0-2)
Por Redacción |