O Arosa rescata un punto na súa visita ao Rápido de Bouzas (1-1)
Por Redacción
Cun gol de Borja Míguez, o Arosa salvou un valioso punto da súa visita ao Rápido de Bouzas que lle permite manterlle o pulso ao líder Deportivo Fabril na loita polo play-off de ascenso.
Foi un encontro de altibaixos no que os locais levaron a batuta do xogo, forzando un penalti no minuto 8 que tiraba Carlitos e que Manu Táboas detiña para evitar o 1-0. Con todo, pouco despois, o xogador do Bouzas non perdoou e adiantou ao seu equipo aos 12 minutos.
Tras o paso polos vestiarios Luisito moveu ficha no banco e o envite cambiou. Os arousáns igualaron por mediación de Borja Míguez pouco antes do cuarto de hora, asinando o 1-1 co que se alcanzou o final do encontro a pesar dos intentos do Arosa de facerse cos tres puntos.
Con leste os de Vilagarcía suman 14 partidos consecutivos sen perder e mantéñense na segunda praza da clasificación a dous puntos do líder Fabril, que tamén empatou en Viveiro.
Relacionadas:
-
Traballado triunfo do Arosa ante o Silva (2-0)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arosa perde ante a Gran Peña cun menos, pero o Fabril tamén (2-1)
Por Redacción |
-
O Arosa sálvase e suma tres puntos contra o Viveiro (1-0)
Por Redacción |
-
O Arosa non pasa do empate contra o Estradense (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa mantenlle o pulso o Fabril con vitoria ante o Alondras (0-2)
Por Redacción |
-
Vitoria pola mínima do Arosa en casa dun Paiosaco peleón (0-1)
Por Redacción |