Arosa e Asociación Bata unen forzas para dar visibilidade ás persoas con autismo
Por Redacción
Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra este domingo día 2 de abril, o Arosa súmase á campaña acompañando ás persoas con autismo e as súas familias. Co obxectivo de dar visibilidade e fomentar a inclusión, o primeiro plantel envorcouse coa campaña #LlamémosloPorSuNombre e esta semana recibiu na Lomba a un grupo de persoas con autismo da Asociación Autismo Bata.
Acompañadas por Mónica Santos, directora da área de vida adulta da asociación, e Olalla Rodríguez, coordinadora da rede de vivendas e membro da xunta directiva de Bata, visitaron aos xogadores ao termo dunha sesión de adestramento. O encontro serviu para dar a coñecer o traballo que realiza a asociación no seu obxectivo de promover a participación e a igualdade de oportunidades das persoas autistas e as súas familias.
Unha vez máis, o club arousán mostra o seu compromiso social para construír unha sociedade máis respectuosa e derrubar barreiras. As persoas con autismo pousaron xunto aos futbolistas para inmortalizar o slogan da campaña, que este ano utiliza o símbolo do infinito na mesma.
"Aínda que durante todo o ano deberíase apoiar, concienciar e sensibilizar, queremos que neste día todo o mundo colabore e teña en conta que as persoas con autismo teñen unhas características específicas, pero tamén os mesmos dereitos que calquera persoa que non teña autismo, e teñen que exercelos", explicou Mónica Santos.
Julio Rey, como capitán do Arosa, dixo que "para o plantel e o club é un orgullo dar visibilidade a estas persoas marabillosas ás que hai que integrar na sociedade e dar visibilidade", mentres que Sergio Cotilla, outro dos capitáns, felicitou polo seu traballo á asociación Bata, coa que o Arosa xa colaborou durante a pandemia.
Relacionadas:
-
Inaugurada a mostra 'Autismo somos tod@s' na Casa da Cultura de Cuntis
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Arosa ante o Choco para meter presión o Fabril (1-0)
Por Redacción |
-
O Arosa salva un empate en Arteixo (2-2)
Por Redacción |
-
Traballado triunfo do Arosa ante o Silva (2-0)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arosa perde ante a Gran Peña cun menos, pero o Fabril tamén (2-1)
Por Redacción |