O Xiria rompe a serie de sete partidos sen perder do Teucro (35-34)

Por Redacción
O Calvo Xiria, penúltimo clasificado de Primeira Nacional, rompeu a serie de sete partidos sen perder do Teucro superándoo pola mínima nun encontro que comezaron dominando os de Pontevedra pero que voltearon os locais para facerse cos dous puntos.
Cun 2-5 a favor do Teucro empezaba o encontro e non lle fixo falta un tempo morto ao técnico local para atopar a reacción dos seus. O Xiria apertou máis e revertió a situación por completo dominando todas as facetas do xogo e asinar un parcial de 8-3 que, neste caso, si que obrigaba a Irene Vilaboa a deter o cronómetro (10-8).
Con todo, a conexión local e os goles de Diego Vega e Hugo Rodríguez convertéronse nunha laxa aínda máis grande para o Teucro, que vía como o Xiria afastábase e colocábase cun colchón de 5 goles de diferenza a falta de 10 minutos para chegar ao descanso (14-9).
Apareceu nese momento a figura de Caue Herrera, Sergio Cortizo e Marko Dzkic, que apertaron o resultado en ata dous goles (14-12), parou o tempo o técnico local, fortaleceu a zaga e nos instantes finais noqueó aos azuis para enviar o partido ao descanso nun 18-14.
Tras o intermedio, o Teucro púxose ao choio, optou por unha defensa 5-1 e comprimiu o resultado (23-22), pero de novo, cando parecía que chegaba a reacción, o Xiria abriu unha nova brecha 4 goles (27-23).
Quedaban aínda 15 minutos por disputarse e os de Irene Vilaboa volveron colocarse a dous goles do empate, unha mínima diferenza que se mantivo practicamente ata o final a pesar dos intentos dos xogadores de Lérez de conseguir o triunfo. Anotou Martín González para o Teucro sobre a bucina, pero o seu gol só serviu para sentenciar a derrota pola mínima ante o penúltimo clasificado (35-34).
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Teucro sentencia o Carballal no primeiro tempo (33-25)
Por Redacción |
-
O Cisne, a por outra final pola permanencia ante o Cuenca
Por Redacción |
-
O Teucro quere prolongar o seu bo momento na cancha do penúltimo
Por Redacción |
-
A ofensiva do Teucro, imparable para o Cañiza (31-26)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un Teucro de dúas caras rescata un empate contra o Tejina La Laguna (27-27)
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Teucro ante un Ingenio que fallou nos instantes decisivos (33-31)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |