O Arxil inicia as vacacións de Nadal co seu clásico torneo Cidade de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/34a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/639e2b11ba-20221217-saiz-cgtd-arxil-maristas-3.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8ff/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63a0938c90-whatsapp-image-2022-12-19-at-16.43.44.jpeg)
© CB Arxil
O Arxil inicia as vacacións de Nadal co bo sabor que deixa a vitoria conseguida no último partido do ano en Liga Feminina 2. Pero o parón na competición, non implica que se acabe o baloncesto porque o conxunto verde ten programado para esta semana a celebración da vixésimo sexta edición do clásico torneo Cidade de Pontevedra.
O torneo está dividido en dúas partes. Por unha banda, a categoría sénior está prevista para este martes ás 20.30 horas no CGTD. Nun encontro que enfrontará ao equipo de Liga Feminina 2 co Codigalco Carmelitas de Primeira Nacional.
A segunda parte da competición disputarase o venres 23 e dará protagonismo ás categorías inferiores do conxunto verde.
Ás 17 horas da tarde comezarán os partidos. Subirán o pano as xogadoras de minibasquet nun partido contra o Institutos Compostela no Pavillón Universitario. Tomarán a substitución ás 18.45 as cadetes, que se enfrontarán ao mesmo rival no mesmo escenario.
Ás 20.30 horas está prevista unha dobre sesión. No Pavillón Universitario xogará o equipo júnior, mentres que no CGTD farano as infantís. O rival será tamén o Institutos Compostela.
Relacionadas:
-
O Arxil volverá ao traballo o 2 de xaneiro
Por Redacción |
-
A base do Arxil viaxa a Portugal para desputar un torneo amigable
Por Redacción |
-
Xornada lúdica e deportiva entre as bases de Arxil e Rosalía co torneo Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Arxil faise co XXVI Trofeo Cidade de Pontevedra ao derrotar o Carmelitas de Ourense
Por Redacción |
-
O Arxil sentencia o Maristas Coruña no terceiro cuarto (88-57)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un desafortunado último cuarto leva o Arxil á derrota en Santander (57-49)
Por Redacción |