A base do Arxil viaxa a Portugal para desputar un torneo amigable
Por Redacción
Catro equipos da base do CB Arxil desprázanse esta semana a Portugal para participar no tradicional Torneo da Amizade de Valongo, que volve celebrarse este ano tras un parón pola pandemia.
A competición está prevista para os días 28 e 29 de decembro e participarán os equipos de categoría preminibásket, minibásket, infantil, cadete e júnior. Acompañarán ás novas xogadoras un corpo técnico formado por Ana Gomez, Ramón Soage, Eduardo Cadeas, Alex Hermelo e Belén Paz.
O rival, en todas as categorías, será o CPN Porto.
Desde a directiva do equipo pontevedrés queren agradecer a invitación do conxunto luso por "o seu empeño" para sacar adiante un torneo que adoita celebrarse un ano en Portugal e outro na Boa Vila.
Relacionadas:
-
O Arxil volverá ao traballo o 2 de xaneiro
Por Redacción |
-
Xornada lúdica e deportiva entre as bases de Arxil e Rosalía co torneo Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Arxil faise co XXVI Trofeo Cidade de Pontevedra ao derrotar o Carmelitas de Ourense
Por Redacción |
-
O Arxil inicia as vacacións de Nadal co seu clásico torneo Cidade de Pontevedra
Por Redacción |