O gardameta Pablo González, sexta renovación no Cisne
Por Redacción
O Club Cisne Balonmán apontoa a súa portería.
Tras anunciar a fichaxe de Kilian Ramírez procedente do Teucro, este mércores tocoulle a quenda á renovación de Pablo González.
O gardameta, de 20 anos, seguirá vinculado co club pontevedrés, aínda que a súa presenza no plantel de Asobal non está garantida ante a probable continuidade do brasileiro Roney Franziniy a chegada de Kilian.
Trátase en todo caso dunha das apostas de futuro do Cisne, que ten depositadas grandes esperanzas en González, internacional en categorías inferiores.
"Dar as grazas á directiva e ao corpo técnico por confiar en min para levar a cabo este proxecto", explicou o propio Pablo tras coñecerse a súa renovación, a sexta no novo proxecto cisneísta tras as de Mateo Arias, Román Arboleya, André Moura, Iván Calvo e Alejandro Conde.
RENOVACIÓN | Y seguimos con buenas noticias en lo referente a las renovaciones, el guardameta Pablo González @Pablis_glez también se queda en el Cisne ¡Muy contentos de que sigas con nosotros Pablo! #SomosCisne #OrgullososdoNoso pic.twitter.com/55QZA2E9p2
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 22, 2022
Relacionadas:
-
Carlos Ocaña amplía a nómina de renovados no Cisne
Por Redacción |
-
Bruno Vázquez tamén se apunta ao reto do Cisne en Asobal
Por Redacción |
-
O Cisne fai oficial a fichaxe do caboverdiano Gualter Furtado
Por Redacción |
-
Kilian Ramírez cambia a portería do Teucro pola do Cisne para competir en Asobal
Por Redacción |
-
Acordo pechado do Cisne con Javier Márquez para que sexa o seu adestrador en Asobal
Por Diego Espiño |
-
O Cisne segue apontoando a súa defensa coa renovación de Alejandro Conde
Por Redacción |
-
O Cisne confirma a renovación do pivote Iván Calvo
Por Redacción |
-
Román Arboleya, terceira renovación do Cisne
Por Redacción |
-
André de Moura tamén renova co Cisne
Por Redacción |
-
Mateo Arias estrea as renovacións para o novo proxecto do Cisne en Asobal
Por Diego Espiño |