Carlos Ocaña amplía a nómina de renovados no Cisne
Por Redacción
O Cisne inicia a semana cunha nova renovación. O lateral esquerdo Carlos Ocaña amplía o seu contrato por unha tempada máis e terá a oportunidade de debutar na máxima categoría do balonmán nacional con só 18 anos.
O anuncio realizouse a través dun vídeo difundido polas redes sociais do club pontevedrés no que o xogador confirmaba que seguirá lucindo o branco na súa camiseta "unha tempada máis".
"Quero agradecer ao presidente Santi Picallo e a toda a directiva pola confianza e á afección e compeñeros polo recibimento que tiven o ano pasado", engadiu no vídeo antes de despedirse emprazando a toda a parroquia cisneísta a reecontrarse o próximo curso no Municipal.
RENOVACIÓN | Comenzamos la jornada con una nueva renovación, la del joven lateral izquierdo Carlos Ocaña (@Carlos06230396) de 18 años...¡Juventud y calidad para este nuevo proyecto en Asobal! #SomosCisne #OrgullososdoNoso pic.twitter.com/cbRQ1Qv8NV
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 28, 2022
Aínda que se fixo oficial este martes, a continuidade de Ocaña na disciplina do Cisne dábase por feita. O día que Jabato anunciou a súa continuidade no equipo como encargado das categorías inferiores, o propio Santi Picallo comunicou tamén que Ocaña seguiría un ano máis no equipo e que ía incrementar aínda máis a súa presenza no primeiro equipo, no que o ano pasado xa anotou seis goles en División de Honra Prata.
Relacionadas:
-
O cisneísta Marko Ojeda, ao Festival Olímpico da Mocidade Europea
Por Redacción |
-
O Cisne renova outro dos seus novos talentos, o lateral Rubén Sequeiros
Por Redacción |
-
O Cisne sela a súa portería coas renovacións de Roney Franzini e Abián Rodríguez
Por Redacción |
-
Bruno Vázquez tamén se apunta ao reto do Cisne en Asobal
Por Redacción |
-
O Cisne fai oficial a fichaxe do caboverdiano Gualter Furtado
Por Redacción |
-
O gardameta Pablo González, sexta renovación no Cisne
Por Redacción |
-
Kilian Ramírez cambia a portería do Teucro pola do Cisne para competir en Asobal
Por Redacción |
-
Jorge Villamarín desvincúlase do Cisne
Por Redacción |