Acordo pechado do Cisne con Javier Márquez para que sexa o seu adestrador en Asobal
Por Diego Espiño
O Club Cisne Balonmán escolleu o sucesor de Jabato no banco do primeiro equipo, ante o reto de xogar por segunda vez na súa historia na liga Asobal.
O elixido é Javier Márquez, preparador castelán-manchego que a última tempada dirixiu o BM Bolaños de Primeira Nacional pero que conta con anos de experiencia na División de Honra Prata no Alarcos de Ciudad Real.
"Encáixanos perfectamente como adestrador", explicou este luns o presidente cisneísta, Santiago Picallo, sobre o que será o novo técnico do primeiro equipo dentro do proxecto global do club, orientado cara á base.
Márquez ten previsto chegar a Pontevedra este mércores, coa intención de ser presentado oficialmente esta mesma semana, segundo confirmou Picallo.
Ademais da súa experiencia en clubs Javier Márquez tamén traballou nas categorías inferiores da Selección Española.
Relacionadas:
-
Comeza a era Márquez no Cisne
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O gardameta Pablo González, sexta renovación no Cisne
Por Redacción |
-
Kilian Ramírez cambia a portería do Teucro pola do Cisne para competir en Asobal
Por Redacción |
-
A xestión da base e a coordinación de adestradores, nova ocupación para Jabato no Cisne
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Cisne segue apontoando a súa defensa coa renovación de Alejandro Conde
Por Redacción |
-
O Cisne confirma a renovación do pivote Iván Calvo
Por Redacción |
-
Román Arboleya, terceira renovación do Cisne
Por Redacción |
-
Santi Picallo e Jabato reciben a Medalla de Bronce ao Mérito Deportivo da Federación Española de Balonmán
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Emotiva despedida de Jabato como adestrador do Cisne: "Sei que vou perder moito, pero necesitades máis"
Por Diego Espiño |
-
Jabato rexeita seguir no Cisne tras o ascenso á Liga Asobal
Por Diego Espiño |