Goleada do Poio Pescamar sobre un Majadahonda sen opcións (5-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Poio Pescamar goleou este sábado na Seca a un Rayo Majadahonda que non tivo opcións de vitoria.
Xa na primeira xogada do partido o equipo vermello non perdoou. Luci Gómez, en xogada persoal desde a banda esquerda, sorprendeu a Tresguerres cun disparo raso que se colocou no interior da portería.
Aínda que o equipo madrileño tratou de remontar con xogadas illadas e rápidos contragolpes, foi o Poio Pescamar o que levou a batuta controlando o desenvolvemento do xogo.
E así, aos oito minutos, Dani Sousa recolleu o esférico no segundo pau despois dun remate de Luci Gómez desde fóra da área. Tres minutos despois, as conserveiras deixaron case sentenciado o duelo cando Irene García anotou o 3-0 tras un centro de Jane.
Despois do descanso, o Majadahonda deu un paso adiante cunha presión alta, que se traduciu na ocasión máis clara do partido por parte de Pitxi, obrigando ao Poio a traballar en labores defensivos para manter a portería a cero.
Cando parecía que as visitantes se facían co control, nunha boa xogada persoal, Luci Gómez fixo o seu segundo tanto cun disparo desde a frontal da área.
Co 4-0 no luminoso, o técnico visitante optou polo xogo de cinco, pero Julia Dupuy, cun gol desde campo propio e a porta baleira, pechou a merecida vitoria.
POIO PESCAMAR (5): Caridad, Luci Gómez, Ana Rivera, Irene García e Dani Sousa (cinco inicial). Tamén xogaron, Luisa Mayara, Julia Dupuy, Jane, Agostina Chiesa,
RAYO MAJADAHONDA (0): Lauri; Celia, Vero, Peque e Pitxi (quinteto inicial). Tamén xogaron, Pitu, Cels, Moni, Ana Cris, Chili, Andrea Feijóo e Montull (segunda porteira)
Goles: 1-0, min. 1 Luci Gómez. 2-0, min. 8 Dani Sousa. 3-0, min. 11 Irene García. 4-0, min. 32 Luci Gómez. 5-0, min. 39 Julia Dupuy.
Incidencias: A Seca. Colexiados, Feliz Otero e Vilas López. Amoestaron a Moni no Rayo Majadahonda e Luci Gómez no Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar despide o ano con remontada e goleada ao Penya Esplugues (1-5)
Por Almu Dapena |
-
Marín Futsal e Poio Pescamar queren despedir o ano con bo sabor de boca
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar estrélase en ataque e cede no derbi ante o Ourense Envialia (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Pase a oitavos de final de Copa para o Poio Pescamar tras vencer o Valdetires en Ferrol (1-4)
Por Redacción |
-
A ilusión da Copa da Raíña contaxia a Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar recupera efectivos para medirse ao Majadahonda
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar deixa escapar a vitoria a falta de 30 segundos (2-2)
Por Almu Dapena |
-
Duro golpe para o Poio Pescamar na Seca contra o líder Navalcarnero (2-6)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar regresa á senda da vitoria en Leganés (2-4)
Por Almu Dapena |
-
Segunda derrota consecutiva do Poio Pescamar tras caer contra o Universidad de Alicante (1-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |