Segunda derrota consecutiva do Poio Pescamar tras caer contra o Universidad de Alicante (1-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Primeira derrota en casa do Poio Pescamar e segunda derrota consecutiva no que vai de liga. O conxunto vermello volveu tropezar, esta vez contra un Universidad de Alicante que aínda non gañara e que estreou marcadora de puntos este sábado na Seca (1-2).
Avisou Anita para as alacantinas nada máis comezar o duelo, respondendo automaticamente Dani Sousa cun testarazo que se foi alto. Nivelaron o xogo ambos os conxuntos co paso dos minutos, iso si, sen xerar ocasións claras de gol.
A mellor chegou aos sete minutos de xogo para as visitantes, obrigando a estirada de Caridad para salvar ao Poio. Pero non puido facer nada a gardameta local pouco despois, anotando Mariángeles á saída dun saque de banda e adiantando ao Alicante.
De balón parado avisaban tamén as de Manu Cossío, pero era Rocío a que acariñaba o 0-2 para a UA cun disparo ao poste. Seguiu insistindo o equipo local con Luisa Mayara pero a igualada non chegaba, alcanzando ao descanso cun axustado 0-1 e todo por decidir.
Despois do paso polos vestiarios produciuse outro intercambio de golpes en ambas as porterías, podendo chegar o gol para calquera equipo. Foi o conxunto conserveiro o que atopou meta con Dani Sousa. Irene iniciou a xogada e cedeu a Luci, que enviou á brasileira para que transformase a igualada.
Durou pouco a alegría ao Poio, que viu un minuto máis tarde como o Alicante volvía adiantar tras unha rápida xogada que resolveu Sara Roelas, obrigando a Manu Cossío a recorrer ao xogo de cinco con Jane como porteira xogadora para sacar algo de proveito do duelo.
Apertou e intensificou a presión, pero as visitantes aguantaron o asedio para sumar a súa primeira vitoria da tempada. Pola súa banda, o Poio Pescamar despídese da parte alta da táboa e descende ata a sétima posición con oito puntos.
POIO PESCAMAR (1): Caridad; Jane, Ana Rivera, Luci e Dani Sousa (cinco inicial). Tamén xogaron, Martita, Agostina, Luisa Mayara, Julia Dupuy e Irene García.
UA ALCANTE FSF (2): Elena; Rocío, Ana María Piñeiro, Mariángeles Piñeiro e Pao (quinteto inicial). Tamén xogaron, Anita, Raquel Martínez, Aitana Benítez e Sara Roelas.
Goles: 0-1, min. 8 Mariángeles. 1-1, min. 30 Dani Sousa. 1-2, min. 31 Sara Roelas.
Incidencias: A Seca. Colexiados: Crespo Pardo e Menéndez Nistal.
Relacionadas:
-
Goleada do Poio Pescamar sobre un Majadahonda sen opcións (5-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar deixa escapar a vitoria a falta de 30 segundos (2-2)
Por Almu Dapena |
-
Duro golpe para o Poio Pescamar na Seca contra o líder Navalcarnero (2-6)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar regresa á senda da vitoria en Leganés (2-4)
Por Almu Dapena |
-
Oportunidade do Marín Futsal para seguir sumando e necesidade de vencer para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal buscan a vitoria para recuperar a confianza, unhas; e reforzala, outras
Por Redacción |
-
O maleficio do Poio Pescamar en Murcia continúa (6-4)
Por Redacción |
-
Tropezo do Poio Pescamar contra o recentemente ascendido Atlético Torcal (3-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar faise co derbi contra o Marín Futsal (0-2)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Poio Pescamar e Burela repártense os puntos nun derbi de alta voltaxe (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |