O Bádminton Ravachol inicia a liga con derrota pero plantando cara ao potente IES La Orden
Por Redacción
Derrota aínda que con bo sabor de boca para o Club Bádminton Ravachol na estrea da que é a súa segunda tempada na máxima categoría nacional, a División de Honra.
O club pontevedrés debutaba cunha esixente proba, visitar en Huelva o campión de seis do últimas oito ligas, o poderoso IES La Orden.
A competición estreaba ademais novo sistema de puntuación con partidos a cinco sets e 11 puntos cada un.
O encontro comezou co dobres mixto con Pablo Sanmartín e Elena Fernández medíndose ao olímpico Pablo Abián e Haidee Ojeda e cedendo por 6-11, 6-11 e 5-11, pero despois Ania Setién e Elena Fernández venceron a Telma Santos e Laura Santos en catro mangas (11-5, 8-11, 11-8, 11-8) poñendo o empate.
Chegouse así a un duelo decisivo, no que Manuel Brea e Gabriel Fernández puideron vencer a Eliezer Ojeda e Víctor Martí pero terminaron perdendo por 5-11, 11-10 ,11-7 e 10-11.
De novo en vantaxe os locais abriron oco coas vitorias de Telma Santos ante a Ana Carbón (5-11, 3-11 e 3-11) e de Alejandro Pérez sobre Manuel Brea (10-11, 11-8, 10-11, 11-10, 7-11).
Na rolda decisiva de individuais Ania Setién logrou o segundo punto do Ravachol superando a Haidee Ojeda (11-8, 11-5, 7-11, 5-11, 11-9), mentres que Gabriel Fernández caeu ante Pablo Abián (7-11, 8-11, 1-11) deixando un definitivo 5-2 no marcador.
A pesar da derrota o técnico do Bádminton Pontevedra, Jesús Pereiro, mostrouse satisfeito porque "plantamos cara a un equipo moi forte, con xogadores de talla mundial como Abian e Santos, e a vitoria estivo a 4 puntos, xa que perdemos 4 sets 11-10 que lle desen a volta ao marcador. Estamos contentos co debut e con moitas ganas de que chegue a próxima xornada en Pontevedra".
Relacionadas:
-
As lesións lastran o Bádminton Ravachol na súa visita ao campión Oviedo
Por Redacción |
-
Primeira vitoria da tempada para o Ravachol nun partido de infarto ante o Benalmádena (4-3)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Ravachol debuta como local cun duelo directo pola permanencia no Municipal
Por Redacción |
-
O Ravachol pesca en Inglaterra as fichaxes de Benjamin Muir e Alexandra Oprisan
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Carlos Baute 'ficha' polo Bádminton Ravachol Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Elena Fernández, Pablo Sanmartín e María Torres pechan as renovacións no Bádminton Ravachol
Por Redacción |