Todo listo para o II Torneo Internacional de Tenis de Pontevedra
Por Diego Espiño
Pontevedra prepárase para vivir unha semana do mellor tenis mundial en categoría júnior coa celebración do II Torneo Internacional ITF.
Un total de 128 tenistas, entre os que se encontran algunhas das maiores promesas da raqueta, participarán nun torneo que se celebrará nas pistas do Casino Mercantil.
O torneo, de grao tres dentro dun circuíto no que tamén están presentes os catro Grand Slam, arrancará este domingo día 13 coa disputa da fase previa, mentres o cadro principal se xogará a partir do martes 15.
Entre os tenistas confirmados encóntranse o británico Julian Cash, número 109 do mundo na categoría ou a lituana Akvile Parakinskaite, 55 do ránking.
Ademais destaca a presenza do español Álvaro López, número 165 do ránking ITF pero 49 do español absoluto, e a moldava Cristina Bucsa, que con só 15 anos xa logrou os seus primeiros puntos profesionais na clasificación da WTA.
Entre todos estes nomes estarán tamén varios tenistas locais, que accederon ao cadro como convidados da organización, como recoñece o coordinador do torneo Noli Álvarez: "pretendemos potenciar a la base y que los mejores tenistas gallegos y de España puedan participar".
Dende o Casino Mercantil anímase os pontevedreses a acudir a ver a competición, que contará con entrada de balde para o público.
Todos os emparellamentos e cadros individuais e de dobres están dispoñibles na páxina web www.nolitennis.com.
Relacionadas:
-
Poucas sorpresas na primeira rolda de individuais do II Torneo Internacional Junior de Pontevedra
Por Redacción |
-
Comeza a fase final no II Torneo Internacional Júnior ITF de Pontevedra
Por Redacción |
-
Estudantes de Fisioterapia e Publicidade colaboran co II Torneo Internacional Júnior de Tenis
Por Redacción |
-
O II Torneo Internacional Júnior de Pontevedra reunirá 120 tenistas nas pistas do Mercantil
Por Diego Espiño |