O II Torneo Internacional Júnior de Pontevedra reunirá 120 tenistas nas pistas do Mercantil
Por Diego Espiño
As instalacións do Casino Mercantil en Mourente acollerán entre os días 15 e 20 de outubro a segunda edición do Torneo Internacional Júnior (ITF) de Pontevedra.
Na cita participarán ata 120 tenistas en categoría masculina e feminina entre os que se encontran algunhas das mellores raquetas mundiais nesta idade, como confirma o presidente do Mercantil Roberto Vega: "van a venir tenistas que están entre el 40 y 50 en el ránking".
Tanto Veiga coma o alcalde e concelleiro de Deportes animaron os pontevedreses a asistir a un evento no que, segundo Agustín Fernández, "participará xente que nuns anos estará na ATP".
Concello de Pontevedra e Mercantil asinaron este mércores un convenio de colaboración, por valor de 12.000 euros, para facer posible un torneo que espera consolidarse no calendario nos próximos anos.