Poucas sorpresas na primeira rolda de individuais do II Torneo Internacional Junior de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O II Torneo Internacional Junior de Pontevedra disputou este martes a súa primeira rolda de individuais. Unha xornada que estivo marcada pola choiva que obrigou á organización a esforzarse ao máximo para non ter que suspender os partidos. Para iso, utilizáronse as pistas do CCD Sanxenxo e as cubertas das instalacións do Casino Mercantil en Mourente, sede do campionato.
En canto aos resultados deportivos, este II Torneo Internacional Junior de Pontevedra ha deparado poucas sorpresas. A número 1 desta proba, a lituana Akvile Parazinshaite, derrotou á coruñesa Ana López Camareiro por 6-2 e 7-6; mentres que a terceira cabeza de serie, a rusa Vasilisa Aponasenko, venceu á romanesa Karola Bejenaru por 6-4, 0-6 e 6-4.
Na categoría masculina, o máis destacable foi a derrota do oitavo cabeza de serie, o grego Eleftherios Theodorou a mans do británico Joel Cannell por un resultado de 4-6, 6-3 e 6-4.
Este mércores disputaranse desde as nove da mañá os partidos individuais de segunda rolda e os cuartos de final de dobres.