Comeza a fase final no II Torneo Internacional Júnior ITF de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha vez finalizada a fase previa de competición, os 32 mellores tenistas nas categorías masculina e feminina en individuais e dobres encaran o cadro final do II Torneo Internacional Júnior de Pontevedra, incluído dentro do circuíto ITF.
As instalacións do Casino Mercantil en Mourente acollen dende as 9:00 horas deste martes os primeiros partidos da fase final.
Ao igual que o acontecido na xornada do domingo, dentro das roldas previas, en caso de aparición da chuvia os encontros trasladaríanse das pistas exteriores do recinto ao pavillón que se atopa ao carón.
A orde de xogo para a xornada do martes inclúe os partidos dos que son finalmente os dous principais cabezas de serie, a alemá Anastasia Reimchen e o británico Joshua Paris.
Relacionadas:
-
Sanxenxo toma o relevo de Pontevedra co XII Torneo Internacional Júnior de tenis
Por Diego Espiño |
-
A fase final do II Torneo Internacional Júnior de Pontevedra avanza a pesar da chuvia
Por Redacción |
-
Poucas sorpresas na primeira rolda de individuais do II Torneo Internacional Junior de Pontevedra
Por Redacción |
-
Todo listo para o II Torneo Internacional de Tenis de Pontevedra
Por Diego Espiño |