O Arxil despídese da tempada con derrota ante o Ardoi (45-62)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
O Club Baloncesto Arxil despediuse da tempada ante a súa afección con derrota por 45-62 fronte o Ardoi, que xogará a fase de ascenso. Coa permanencia salvada na pasada xornada, o equipo pontevedrés foi a remolque durante todo o encontro e aproveitou o final ligueiro para homenaxear á súa capitá, María Lago, que segue lesionada.
Empezou o partido igualado, cun Arxil que mostrou unha boa imaxe ofensiva pero viuse superado en defensa polos erros puntuais que deron unha mínima vantaxe ás visitantes (11-12).
Foi mellor o Ardoi ao comezo do segundo cuarto, anotando un 2-9 que obrigaba ás verdes a reaccionar. Nese momento apareceron Forster e Sara Castro, que reduciron a renda en ata dous puntos. Con todo, tres faltas consecutivas do Arxil deron unha nova vantaxe ao Ardoi, moi acertado desde os tiros libres (20-27).
Tras o paso polos vestiarios saíron conectadas as xogadoras de Mayte Méndez, ou iso pareceu durante os primeiros instantes onde chegaron a colocarse a tres puntos do empate. Empezou a atoparse incómodo o Arxil, que nun visto e non visto atopouse cun parcial en contra de 0-10 que obrigou á adestradora local a pedir tempo morto pero sen dar coa tecla que revertese a situación antes de alcanzar o último acto (29-45).
Con todo case decidido, o Arxil non baixou a intensidade aínda que cedeu o cuarto acto para terminar perdendo no último partido da tempada cun claro 45-62.
Consulta as estatísticas do Club Baloncesto Arxil- Ardoi
Relacionadas:
-
A tempada do Arxil en Liga Feminina 2 comezará o 2 de outubro
Por Redacción |
-
Aprobados os cambios no baloncesto feminino, co Arxil nunha LF2 que pasa a ser a terceira categoría
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Arxil pensando na próxima tempada
Por Redacción |
-
O Arxil e a Liga Feminina 2, dúas décadas de relación ininterrompida
Por Redacción |
-
O Arxil sentencia no primeiro cuarto e sela a súa permanencia en Liga 2 (40-58)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil desaparece tras o descanso ante o Magectias e ve perigar a permanencia (55-80)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |