A tempada do Arxil en Liga Feminina 2 comezará o 2 de outubro
Por Redacción
A falta de coñecer os últimos equipos que compoñerán a categoría ascendendo desde a Primeira Nacional, o Club Baloncesto Arxil xa sabe cal será a súa folla de ruta a próxima tempada na Liga Feminina 2.
A categoría pasa a ser o terceiro chanzo do baloncesto nacional, tras a Liga Feminina e a Liga Challenger, e estará composta por dous grupos de 14 equipos cada un. Deles os catro mellores de cada grupo xogarán un play-off para facerse coas dúas prazas de ascenso dispoñibles.
A Federación Española de Baloncesto estableceu xa as datas para esta competición, estando previsto o inicio da liga regular o día 2 de outubro. A primeira fase da liga concluirá o 9 de abril, xogándose a fase de ascenso entre o 21 e 24 de abril.
Actualmente son 22 os equipos xa confirmados na Liga Feminina 2, a falta de cumprir os requisitos de inscrición, e entre eles atópanse outros tres equipos galegos como o AD Cortegada de Vilagarcía, o Maristas coruñés e o Rosalía compostelán.
Ata que se pechen os ascensos desde Primeira Nacional o Arxil non coñecerá con exactitude a composición do seu grupo, pero xa traballa na confección dun plantel na que se avanzan cambios con varias xogadoras que non continuarán en Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Arxil debutará nunha renovada Copa Galicia co Ulla Oil Rosalía
Por Redacción |
-
O Arxil, molesto pola confección dunha LF2 que lle fará viaxar a Melilla, Canarias e Andalucía
Por Diego Espiño |
-
O Arxil confirma a súa inscrición na liga Feminina 2, na que acumula 21 tempadas
Por Redacción |
-
Xornadas de tecnificación nun Arxil que despide a tempada dos seus equipos
Por Redacción |
-
Comeza a semana do baloncesto en Marín co Campionato de España Infantil feminino
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Aprobados os cambios no baloncesto feminino, co Arxil nunha LF2 que pasa a ser a terceira categoría
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Arxil pensando na próxima tempada
Por Redacción |
-
O Arxil despídese da tempada con derrota ante o Ardoi (45-62)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |