Aprobados os cambios no baloncesto feminino, co Arxil nunha LF2 que pasa a ser a terceira categoría
Por Redacción
A Federación Española de Baloncesto (FEB) vén de aprobar cambios importantes na estrutura do baloncesto feminino, coa creación da anunciada nova categoría só por baixo da Liga Feminina.
Nese segundo chanzo estarán 16 equipos entre os que se atopan todos os que xogaron este curso a fase de ascenso á máxima categoría xunto aos descendidos Quesos El Pastor de Zamora e o Al-Qázeres.
Desta forma o Club Baloncesto Arxil pasa a estar encadrado na terceira categoría, unha Liga Feminina 2 que contará con dous grupos de 14 equipos.
Ademais das pontevedresas, o baloncesto galego estará inicialmente representado na mesma polo Cortegada, Maristas da Coruña e o Rosalía compostelán.
Ante este panorama o club arxilista traballa xa na próxima tempada coa idea de competir na LF2, aínda que mirando de esguello a se se produce algunha renuncia na recentemente creada categoría que estará un banzo por encima. Nese caso, confirma a entidade, tentarán optar a esa praza.
Relacionadas:
-
Sorteado o calendario da Liga Feminina 2 para Arxil e Cortegada
Por Redacción |
-
O Arxil, molesto pola confección dunha LF2 que lle fará viaxar a Melilla, Canarias e Andalucía
Por Diego Espiño |
-
Xornadas de tecnificación nun Arxil que despide a tempada dos seus equipos
Por Redacción |
-
A tempada do Arxil en Liga Feminina 2 comezará o 2 de outubro
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Arxil pensando na próxima tempada
Por Redacción |
-
O Arxil despídese da tempada con derrota ante o Ardoi (45-62)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Arxil e a Liga Feminina 2, dúas décadas de relación ininterrompida
Por Redacción |