O Arxil e a Liga Feminina 2, dúas décadas de relación ininterrompida
Por Redacción
Non se pode falar da Liga Feminina 2 sen o Club Baloncesto Arxil e viceversa, e é que o club pontevedrés é o único que participou en todas as edicións da competición, desde a súa creación no ano 2000.
Unha relación que tras certificar a súa permanencia pode seguir un ano máis, pero que queda no aire se sae adiante a reestruturación da segunda categoría nacional.
Dos equipos inscritos naquela primeira edición da liga tamén seguen Estudiantes e Universitario de Ferrol, pero os seus ascensos á máxima categoría deixan o récord de partidos en LF2 ao Arxil.
En todo este tempo as verdes chegaron a disputar tres fases de ascenso á Liga Feminina, cun ascenso incluído aínda que despois tiveron que renunciar a tal honra por motivos económicos, e tamén viviron cursos máis complicados rozando o descenso a Primeira Nacional.
Con todo este que agora está a piques de pecharse pode ser o curso máis complicado de todos. Así o recoñece o directivo Lino Vázquez, para quen "esta tempada é algo que nunca pensei que o viviría", afirma ante a tensión "cada vez que faciamos un test, ou que esperabamos os resultados dos tests dos equipos cos que xogamos", explicou. A todo iso sumáronse "recortes en instalacións, problemas de ximnasios, xogadoras que cada vez que tosen deixábannos en albas, menos apoios e máis atrasos no pago", relata o directivo arxilista.
Unha serie de dificultades que se superaron e que fan mirar de novo cara ao futuro, esperando manterse por máis tempo no segundo chanzo do baloncesto feminino nacional.
Relacionadas:
-
Aprobados os cambios no baloncesto feminino, co Arxil nunha LF2 que pasa a ser a terceira categoría
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Arxil pensando na próxima tempada
Por Redacción |
-
O Arxil despídese da tempada con derrota ante o Ardoi (45-62)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Arxil sentencia no primeiro cuarto e sela a súa permanencia en Liga 2 (40-58)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil desaparece tras o descanso ante o Magectias e ve perigar a permanencia (55-80)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Arxil loita ata o final pero cae na casa do Barakaldo (68-60)
Por Almu Dapena |
-
Sara Castro lidera a vitoria do Arxil sobre o Azkoitia Azpeitia (73-67)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |