Damià Sabater, presentado en Pasarón: "Tenía ganas de venir en verano y no se pudo concretar. Creo que he acertado"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
"Con muchas ganas de trabajar y ayudar al equipo". Así se presentou Damià Sabater como novo xogador do Pontevedra Club de Fútbol. Tanto é así que nas súas primeiras horas na cidade e tras comparecer ante os medios de comunicación, a primeira fichaxe invernal dos granates xa se vestiu de curto para exercitarse en solitario sobre o céspede de Pasarón a pesar de ser xornada de descanso para o primeiro plantel.
Non será ata este mércores cando poida xa incorporarse ao grupo pesando xa no partido da próxima fin de semana no campo do líder Unionistas, unha cita que non se quere perder porque "venía de jugar en La Nucía y estoy preparadísimo si el míster quiere que juegue en Salamanca", sinalou o novo xogador do Pontevedra, que asina "sólo hasta final de año y luego ya se vera qué pasa".
Damià recoñeceu que estivo preto de recalar no equipo a principios de tempada: "Tenía ganas de venir en verano y no se pudo concretar y ahora que salió la opción creo que he acertado. Estoy muy contento de venir aquí", sentenciou o balear.
Na súa chegada xogou un papel importante un vello compañeiro seu no Mallorca, Xisco Campos, co que ascendeu a Segunda División hai uns anos. "Hablé con él y me dijo que es un club profesional, que hace las cosas bien. Por lo que me ha contado es un vestuario muy sano y muy alegre", explicou na súa primeira comparecencia como granate.
Sabater cre que "tenemos que ser ambiciosos" e aínda que aínda non coñece moito Pontevedra "me han contado es una ciudad de fútbol, se quiere subir y eso al final crea ambición y al vestuario le tiene que llamar mucho la atención".
En canto ás súas características como futbolista, a nova peza granate defínese como "un jugador que me gusta mucho el trato de la pelota, aparte de trabajar para el equipo. Soy un jugador con características de organizador y de mirar siempre hacia delante".
Xa en clave competitiva, Damià ten claro que "cada punto es importantísimo, y más en este formato", polo que cre que "si podemos enganchar dos partidos seguidos con victoria todo cambia". Algo que tentará xa colaborando desde o verde.
Relacionadas:
-
Pitu, un xogador de banda "vertical" que ve o Pontevedra "un equipo grande"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pitu, reforzo ofensivo para o Pontevedra ao límite do prazo
Por Diego Espiño |
-
Un erro na acta arbitral deixa no aire a sanción de Xisco Campos tras a súa expulsión en Salamanca
Por Diego Espiño |
-
Inxusta derrota do Pontevedra fronte a Unionistas (1-0) que o deixa na UCI
Por Diego Espiño |
-
Evitar "présas e ansiedade", primeira premisa do Pontevedra para derrotar ao líder Unionistas
Por Manu Otero |
-
Churre cre que "ya casi no hay margen de error" para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A lesión de Rufo obriga a cambiar o plan: o Pontevedra, á procura dun dianteiro sub-23
Por Diego Espiño |
-
O estado de Rufo, unha preocupación máis para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Damià Sabater, novo xogador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Desastroso partido dun Pontevedra que perde fronte ao Racing de Ferrol en inferioridade e entra en crise (0-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |