Evitar "présas e ansiedade", primeira premisa do Pontevedra para derrotar ao líder Unionistas
Por Manu Otero
Inmerso nunha serie de catro partidos sen gañar e cun partido menos que o resto dos seus competidores, o Pontevedra visita este domingo (16 horas) ao Unionistas, líder do subgrupo A de o grupo I da Segunda B. Os granates, despois de perder os dous últimos partidos de liga disputados, chegarán a Salamanca coa obrigación de gañar para non descolgarse dos postos altos da clasificación.
"É unha final, pero levamos xogando finais desde o inicio da liga", declarou o adestrador do cadro de Pasarón, Jesús Ramos, quen recoñece que o aspecto anímico xogará un papel fundamental non só neste partido, tamén en toda a segunda volta desta primeira fase de competición. "Este mes vaino a decidir todo, o que teña a mente máis fresca terá vantaxe", sostén.
Sen ser alleo á situación sanitaria que podería obrigar a paralizar a competición, o técnico granate prefire centrarse unicamente no deportivo. "Noutros grupos xa houbo aprazamento, xa sabiamos que isto podía esperar e a asimilar o que veña", sinalou o preparador, que tamén recoñece que tanto partido aprazado "adultera un pouco a competición". De feito, de disputar e gnaado o partido entre Pontevedra e Guijuelo, os granates estarían agora empatados a puntos co terceiro clasificado, o Deportivo.
Para a difícil visita ao líder, Ramos non poderá contar cos lesionados Romay, Adrián Cruz nin Rufo. Aínda que é certo que as probas realizadas ao ariete madrileño supoñeron un alivio para o corpo técnico, que temía unha ausencia máis prolongada. Aínda así, a porta a un posible reforzo para a dianteira segue aberta. "Todo o que veña a sumar é positivo", afirma o adestrador.
Na convocatoria si que estarán Damiá Sabater, fichado esta semana para suplir a Romay, e Charles, despois de completar os dous partidos de sanción pola súa expulsión fronte ao Dépor. "Non imos descubrir agora a Charles, é un xogador súper importante para nós, con experiencia e é benvido de novo", confesa o adestrador granate.
O que máis preocupa a Jesús Ramos do rival é o seu xogo en equipo. "É un bloque á hora de defender e atacar e, sobre todo, penaliza moitísimo os erros do rival", alertou. O estilo de xogo do cadro charro, moi pechado en defensa e cómodo sen a posesión, tampouco é o que mellor se adapta ás condicións dos granates. "Pero iso non quere dicir que non teñamos armas para superalo", matiza Jesús, consciente de que, para todos os equipos, "é máis fácil xogar contra rivais que deixan espazos ás súas costas".
O preparador marinense preferiu non dar pistas sobre o esquema que presentará este domingo despois de alternar nos últimos partidos aliñacións con dous dianteiros ou cunha só punta. "Os esquemas non son pechados", di dando máis importancia á mobilidade dos seus xogadores e a cumprir as instrucións marcadas desde o banco.
En calquera caso, o técnico é consciente da importancia deste partido para as aspiracións do club. Con todo prefire facer un chamamento á calma. "Imos ir polos os tres puntos, pero non hai que ser alarmistas, a ansiedade e as présas son malas compañeiras", avisa Ramos que ve ao seu equipo son as opcións de meterse entre os tres primeiros intactas.
Relacionadas:
-
Inxusta derrota do Pontevedra fronte a Unionistas (1-0) que o deixa na UCI
Por Diego Espiño |
-
Rufo estará de baixa entre 3 e 4 semanas "en función da súa evolución"
Por Diego Espiño |
-
Churre cre que "ya casi no hay margen de error" para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Damià Sabater, presentado en Pasarón: "Tenía ganas de venir en verano y no se pudo concretar. Creo que he acertado"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Desastroso partido dun Pontevedra que perde fronte ao Racing de Ferrol en inferioridade e entra en crise (0-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |