Primeiro amigable e primeira vitoria para o Pontevedra, ao superar o Coruxo no Vao (0-1)
Por Diego Espiño
Tiveron que pasar máis de seis meses para que o Pontevedra Club de Fútbol volvese a disputar un partido. Por aquel entón era en competición oficial nunha liga que terminou suspendéndose, e agora nun amigable de pretempada, pero a tendencia parece que se mantén.
Un gol de Rufo, como non de cabeza, decantou o primeiro test dos granates no campo do Vao, escenario no que se enfrontou a un rival da súa liga como é o Coruxo.
O ariete, pichichi da categoría a pasada campaña, mantén intacto o seu olfacto goleador, boa noticia para os de Jesús Ramos aínda que aínda sexa pronto para sacar moitas conclusións.
O amigable entre Coruxo e Pontevedra disputouse a porta pechada, só con persoal de ambos os clubs presente e case ao descoido, sen chegar a anunciar o duelo. Tratábase case dun adestramento máis, pero pensando para empezar a recobrar o ritmo de competición.
Os dous adestradores apostaron por un once diferente en cada tempo. Primeiro nos granates compareceron Mario Fernández, Santi Figueroa, Churre, Xisco Campos, Eneko, Romay, Imanol, Oier, Martín Diz, Jorge Fernández e Charles, nun primeiro acto equilibrado e con poucas chegadas ás áreas, dando pouco traballo aos gardametas.
Despois chegaría a quenda da segunda unidade con minutos para Álvaro Cortés, Álex González, Aitor, Rufo, Borja, Pol Bueso, Adrián Cruz, Óscar Fernández, Pacheco, Vilariño, David Veiga e Pablo López.
Na segunda metade o ritmo incrementouse e o Coruxo puido abrir o marcador cun disparo do ex-granate Rivera que se foi o traveseiro. Non o logrou e o que non fallou foi un dos 'killers' do Pontevedra, Rufo, no minuto 83 marcando de cabeza á saída dun córner.
Así se pechou unha positiva primeira proba para os de Pasarón, un equipo ao que aínda queda moita marxe de mellora pero que empezou a apuntar maneiras.
Relacionadas:
-
Enganosa derrota ante o Deportivo dun bo Pontevedra (1-2)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Suspendido o amigable entre UD Ourense e Pontevedra por un posible positivo en covid no conxunto ourensán
Por Almu Dapena |
-
Vitoria fronte ao Estradense (0-2) dun Pontevedra que suma tres de tres en pretempada
Por Redacción |
-
Estradense e UD Ourense, próximas paradas na pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Charles e Rufo afinan a súa puntería e dan a vitoria ao Pontevedra na súa visita ao Celta B (2-3)
Por Almu Dapena |
-
Suspendido o amigable entre Compostela e Pontevedra polo positivo en COVID dun familiar dun xogador santiagués
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra visitará a Compostela e Celta B á espera de pechar outros dous amigables
Por Manu Otero |
-
Pasarón poderá contar cun aforo superior aos 1.000 espectadores recomendados polo Consello Superior de Deportes
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra iniciará a liga en Ferrol e espera a visita do Deportivo a Pasarón o 6 de decembro
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos, sobre a chegada de máis reforzos ao Pontevedra: "Se cadra temos as solucións na canteira"
Por Diego Espiño |
-
Acordo con Álvaro Naveira para a súa saída do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Xisco Campos: "Creo que o Pontevedra ten un proxecto que ilusiona. Foi moi fácil decidirme"
Por Diego Espiño |
-
Roberto Feáns: "Eu creo que este ano ten que ser"
Por Diego Espiño |