Estradense e UD Ourense, próximas paradas na pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol segue descontando xornadas do calendario no seu camiño cara o debut ligueiro do 18 de outubro en Ferrol.
O cadro granate, ademais das sesións de adestramento, mantén o seu plan de tentar disputar dous encontros amigables por semana, unha idea que só a suspensión do doio fronte ao Compostela evitou levar a cabo a pasada semana.
Coruxo e Celta B foron os rivais no primeiros test, resoltos ambos con triunfos para os de Jesús Ramos. Probas antes conxuntos da mesma categoría que elevaron a moral da tropa e reforzan o traballo realizado ata a data.
A idea de que os rivais se tivesen sometido a test de detección da Covid empuxaba a optar por este tipo de rivais, aínda que a posta en marcha dos clubs de Terceira División, someténdose tamén a controis, fixo variar os plans.
Así, esta semana o Pontevedra verá as caras ante equipos de Terceira nun dobre compromiso que, de novo, afrontará como visitante.
O primeiro deses choques terá lugar este mércores 30 de setembro (20.00 horas) fronte ao Estradense, no Novo Municipal da Estrada, instalación de céspede artificial. Trátase dun equipo que xa xogou esta pretempada fronte ao Compostela (derrota 0-1) e que se clasificou para a final galega da Copa Federación.
Pola súa banda o sábado 3 de outubro (12.00 horas) mediranse á UD Ourense no Campo da Regueiriña (céspede natural), na localidade ourensá de Cenlle.
Serán ambas as dúas citas boas oportunidades para seguir acoplando ao equipo #ante a fase final da súa preparación, reservándose o últimos test para a próxima semana con partidos aínda por confirmar.
Relacionadas:
-
Final de mercado sen sorpresas no Pontevedra e mirando cara a casa
Por Diego Espiño |
-
A pretempada do Pontevedra continúa cos amigables ante Deportivo e Compostela
Por Almu Dapena |
-
Suspendido o amigable entre UD Ourense e Pontevedra por un posible positivo en covid no conxunto ourensán
Por Almu Dapena |
-
Vitoria fronte ao Estradense (0-2) dun Pontevedra que suma tres de tres en pretempada
Por Redacción |
-
Charles e Rufo afinan a súa puntería e dan a vitoria ao Pontevedra na súa visita ao Celta B (2-3)
Por Almu Dapena |
-
Jesús Berrocal queda en Pontevedra á espera de atopar un novo equipo
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra contacta cos seus socios para saber se querrán ir ao fútbol este ano e distribuilos no estadio
Por Manu Otero |
-
Suspendido o amigable entre Compostela e Pontevedra polo positivo en COVID dun familiar dun xogador santiagués
Por Diego Espiño |
-
Primeiro amigable e primeira vitoria para o Pontevedra, ao superar o Coruxo no Vao (0-1)
Por Diego Espiño |