O Pontevedra visitará a Compostela e Celta B á espera de pechar outros dous amigables
Por Manu Otero
O Pontevedrá disputará este mércores ás 18 horas no santiagués estadio Vero Boquete o seu segundo partido de pretempada contra a SD Compostela. Despois de vencer pola mínima ao Coruxo no Vao no seu primeiro partido de preparación para o comezo de liga previsto para o 18 de outubro, os de Jesús Ramos mediranse a outro dos seus rivais desta campaña. Ademais, desde o club traballan na organización doutros dous encontros amigables antes de empezar a competición.
O enfrontamento cos recentemente ascendidos de mañá non será o único que disputen os granates esta semana, posto que o sábado, con horario aínda por confirmar aínda que se prevé que será ás 12 horas, o Pontevedra visitará Barreiro para medirse ao Celta B.
A planificación da pretempada está a resultar complicada para o cadro de Pasarón. Non só polo atraso no regreso aos adestramentos motivado pola situación sanitaria, tamén pola difucultad de atopar rivais adecuados para preparar o inicio ligueiro. No seo do club admiten que lles gustaría xogar contra os equipos da contorna como afacían facer cada pretempada, pero por seguridade só fixarán partidos contra aqueles clubs que se comprometan a facer probas PCR aos seus planteis. Algo que non está ao alcance de moitas entidades, pero que o Pontevedra debe esixir para previr contaxios no seu vestiario.
"Dóenos non poder ir aos torneos aos que iamos todos os anos", lamentan desde o club buscando a comprensión dos afeccionados e directivas dos clubs da contorna cos que existe boa relación e a comunicación é fluída. Diante desta excepcional circunstancia, cren en Pasarón que antes do inicio de liga só será posible concertar dous partidos máis, que serán con total seguridade fronte a rivais de Segunda B.
Relacionadas:
-
Suspendido o amigable entre Compostela e Pontevedra polo positivo en COVID dun familiar dun xogador santiagués
Por Diego Espiño |
-
Primeiro amigable e primeira vitoria para o Pontevedra, ao superar o Coruxo no Vao (0-1)
Por Diego Espiño |
-
Pasarón poderá contar cun aforo superior aos 1.000 espectadores recomendados polo Consello Superior de Deportes
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra iniciará a liga en Ferrol e espera a visita do Deportivo a Pasarón o 6 de decembro
Por Diego Espiño |