Oitavo posto para Adrián Barros, do Supermercados Froiz, na crono sub 23 do campionato de España
Por Redacción
A selección de Galicia comezou este venres o campionato de España de estrada en Xaén contando cun representante entre os dez mellores da proba contrarreloxo sub 23 coa que se iniciou o campionato. O corredor vigués do Supermercados Froiz, Adrián Barros, asinou o oitavo posto. O gañador foi o madrileño Raúl García. Mentres que na categoría elite, o seu compañeiro de equipo, Marcos Jurado, acabou en quinta posición.
Adrián Barros quedouse só a 38 segundos da medalla de bronce e a minuto e medio do ouro nun esixente percorrido de 26.3 quilómetros con saída en Cazolra e chegada en La Iruela. A actuación do combinado autonómico nesta categoría completouse co vixésimo segundo posto obtido por Iván Feijoo.
Por segundo ano consecutivo, o corredor alimenticio logra coarse entre os dez mellores do ciclismo español. No 2019 quedara sexto na proba en liña.
Na categoría UCI-Elite masculina participou o arousán Gustavo César Veloso, que acabou en décima posición, mentres que o prometedor excorredor do Froiz, Martín Bouzas, tivo que conformarse co vixésimo terceiro posto. No cadro feminino, a mellor galega foi a moañesa Sonia Parente ao asinar o vixésimo sexto mellor tempo.
A competición retómase este sábado coa disputa da proba en liña de categoría sub 23. A feminina será pola mañá e a masculina, pola tarde. O domingo, ás nove horas darase a saída á proba masculina de categoría UCI-Elite.
Relacionadas:
-
Manzaneda, de novo refuxio do Froiz para preparar o tramo final da tempada
Por Redacción |
-
Caída e lesión para Samuel Blanco na súa estrea co maillot de campión de España no Froiz
Por Redacción |
-
O Froiz estrea en Cantabria a camisola de campión de España
Por Redacción |
-
Galicia convoca catro ciclistas pontevedreses para o Campionato de España Júnior
Por Redacción |
-
Samuel Blanco, ciclista do Froiz, proclámase campión de España en Xaén
Por Redacción |
-
O Froiz entra en modo Campionato de España
Por Redacción |
-
Galicia cita a catro corredores sub 23 do Froiz para os campionatos de España
Por Redacción |