Os equipos galegos de Segunda B "probablemente non estean no mesmo grupo" a próxima tempada, asegura Louzán
Por Redacción
Como quedará configurada a próxima tempada a Segunda División B é a gran incógnita que deben resolver en próximas datas os organismos reitores da competición, despois da resolución da Xunta Directiva da Real Federación Española de Fútbol (para a súa ratificación na Comisión Delegada) dando por finalzada a liga regular sen descensos e con play-off exprés para determinar os ascensos.
Segundo estableceu a RFEF a categoría de bronce pasará a contar con 5 grupos de 20 equipos, 100 en total, nun ano de transición cara á reestruturación coa creación dunha Segunda B PRO cos mellores 40 clubs.
Trátase dunha medida que non era do agrado dos equipos galegos, tal e como recoñeceron xa nun primeiro momento, pero para o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán "buscouse unha solución que dese por rematada a tempada e dalgunha maneira non perxudicara á maioría dos equipos".
Louzán realizou estas manifestacións ante as cámaras da TVG, deixando no aire varios puntos importantes para a próxima tempada, que todo apunta comezará máis tarde do habitual e deberá comprimirse dalgunha maneira. Entre eses aspectos recoñeceu que "os cinco equipos galegos da Segunda División B probablemente non estén no mesmo grupo", xa que entre as formulacións atópase o de eliminar o criterio de proximidade xeográfica na elaboración dos mesmos.
O presidente da @futgal, Rafael Louzán @RafaLouzan fala da 2ªB
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 7, 2020
"É moi probale que os equipos galegos da 2ªB non xoguen no mesmo grupo"@CoruxoFCoficial @PontevedraCFSAD @racingferrolsad @RCCelta B pic.twitter.com/2smiHYtqgA
Isto sería así para elaborar uns grupos 'cremalleira' nos que "o primeiro irá a un grupo, o segundo irá a outro grupo, o terceiro ao grupo do primeiro, o cuarto ao grupo do segundo... e así sucesivamente para que en función da clasificación do ano anterior se teñan en conta os méritos deportivos desa última temporada", explicou o máximo dirixente do fútbol autonómico e membro da xunta directiva a nivel nacional.
Na Terceira haberá grupos.
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 7, 2020
Non se van configurar por proximidade xeográfica.
O presidente da @futgal Rafael Louzán advirte "que os equipos galegos de 2ª B e da 3ª poden xogar en grupos diferentes" pic.twitter.com/8fyY7ONhdu
Estes criterios tamén se aplicarán a nivel galego nunha Terceira División que podería dividirse en dous grupos.
Relacionadas:
-
A Federación Galega prevé retomar o fútbol rexional en outubro
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra traslada ao presidente da RFEF, Luís Rubiales, a súa desconformidade coa resolución da Segunda B
Por Manu Otero |
-
Entrar na Segunda B PRO, toda unha necesidade para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, clasificado para a próxima edición da Copa do Rei... de momento
Por Diego Espiño |
-
A RFEF resolve a 2ª B e Terceira sen descensos e cunha fase de ascenso exprés para os catro primeiros de cada grupo
Por Manu Otero |
-
A Federación Galega de Fútbol, pendente da decisión da RFEF para actuar sobre as competicións autonómicas
Por Redacción |
-
O Pontevedra non podería volver aos adestramentos ata a fase 2 da desescalada
Por Diego Espiño |
-
Propoñen crear unha Segunda B PRO na que competiría o Pontevedra a próxima tempada
Por Alejandro Espiño |
-
Louzán alíñase con Rubiales e considera que un playoff exprés para 2ª B e Terceira é a opción "menos lesiva"
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra pide a cancelación da competición "para todos" ao ver "inxusta" a proposta de permitir ascensos
Por Diego Espiño |
-
A RFEF abre a porta dar por finalizadas as ligas en 2B, Terceira e Fútbol Sala sen descensos e un play-off express
Por Diego Espiño |