A Federación Galega de Fútbol, pendente da decisión da RFEF para actuar sobre as competicións autonómicas
Por Redacción
O futuro do fútbol segue no aire. Máis de cincuenta días despois do parón de todas as competicións as federacións, tanto autonómica como española, aínda non teñen decidido que facer coas ligas profesionais, semiprofesionales e de afeccionados de fútbol e fútbol sala tanto masculinas como femininas.
O presidente, Rafael Louzán, e membros da xunta directiva da Real Federación Galega de Fútbol mantiveron encontros cos clubs de todas as categorías do balompé galego para coñecer as súas preocupacións, necesidades e propostas, pero quixeron deixar claro que non tomarán ningunha decisión mentres a RFEF non aprobe un plan definitivo.
Nos despachos da Futgal valoran dous posibles escenarios. A prioridade absoluta é a saúde dos deportistas, antepoñen. Unha vez asegurado este extremo decidirán entre reiniciar a tempada sempre que existan garantías sanitarias ou dar por finalizadas as ligas dando validez ás clasificacións existentes ao 14 de marzo aplicando ascensos pero non descensos.
Algo que teñen claro é que sexa cal for a decisión afectará de forma global a todo o fútbol 11 galego e tomarase coa intención de ser o máis xustos poisble pero sendo conscientes de que se trata dunha situación na que resulta imposible dar coa solución perfecta.
Relacionadas:
-
A Asemblea da Federación Galega de Fútbol valida o fin das competicións aplicando a clasificación ao 14 de marzo
Por Redacción |
-
Os equipos galegos de Segunda B "probablemente non estean no mesmo grupo" a próxima tempada, asegura Louzán
Por Redacción |
-
Final de tempada para o Poio Pescamar e playoff exprés para Leis e O Fisgón
Por Manu Otero |
-
A RFEF resolve a 2ª B e Terceira sen descensos e cunha fase de ascenso exprés para os catro primeiros de cada grupo
Por Manu Otero |
-
Reunións telemáticas e incerteza entre os clubs galegos de fútbol e fútbol sala
Por Redacción |
-
Louzán alíñase con Rubiales e considera que un playoff exprés para 2ª B e Terceira é a opción "menos lesiva"
Por Manu Otero |
-
A Federación Galega dará por rematadas todas as ligas de fútbol base e afeccionado
Por Manu Otero |