A recuperación de Adrián Cruz, a ritmo lento
Por Diego Espiño
O re-debut de Adrián Cruz coa camiseta do Pontevedra Club de Fútbol aínda terá que esperar.
Aínda que as probas ás que foi sometido á súa chegada a Pontevedra foron positivas, segundo el mesmo recoñeceu, o centrocampista de Moaña segue sen exercitarse ao mesmo ritmo que os seus compañeiros debido a unha lesión na zona isquiotibial que xa lle impediu disputar as últimas xornadas co seu anterior equipo, o Guijuelo.
Este mércores, o canteirán empezou a sesión celebrada no campo de fútbol de Poio xunto ao resto do plantel, pero enseguida púxose ás ordes dos recuperadores do club para realizar traballo específico en solitario e terminar retirándose ao vestiario antes de que concluíse o adestramento.
A idea do club pasa por non tomar riscos na súa recuperación por medo a unha recaída, polo que se espera que a súa incorporación ao grupo se podia producir de maneira progresiva nas próximas xornadas. De feito o plan pasa por ir incrementando paulatinamente a intensidade do seu traballo.
Esta situación, aínda que non o descarta ao 100% para o duelo do próximo domingo ante o filial do Oviedo, si fai moi pouco probable a súa participación, tendo en conta ademais que Carlos Pouso non é partidario de forzar aos futbolistas que saen dunha lesión.
A de Adrián Cruz será, salvo contratempo nos próximos días, a única ausencia por lesión do equipo granate a próxima xornada, topa vez que Berrocal traballa xa ao 100% e atópase dispoñible para entrar na convocatoria se o técnico estímao oportuno. A outra baixa que deberá afrontar o Pontevedra é da Romay, no seu caso por sanción ao cumprir ciclo de amoestacións.
Relacionadas:
-
Calma tensa nun Pontevedra que só pensa xa na permanencia
Por Diego Espiño |
-
A visita do Oviedo B a Pasarón "no es un partido más"
Por Diego Espiño |
-
Campillo, K.O. por unha escordadura de nocello
Por Diego Espiño |
-
Importante baixada no prezo das entradas para o Pontevedra-Oviedo B
Por Redacción |
-
O Pontevedra recibirá 147.000 euros da Federación Española
Por Diego Espiño |
-
Os peores números nun arranque de ano desde o descenso a Terceira
Por Diego Espiño |
-
Remonta o Atlético Baleares a un digno Pontevedra que merece máis pero asómase ao abismo (3-1)
Por Ramiro Espiño |