Campillo, K.O. por unha escordadura de nocello

Por Diego Espiño
Contratempo en forma de lesión no Pontevedra Club de Fútbol, que perde polo menos esta semana a un dos seus efectivos na liña defensiva.
Trátase de Campillo, que o xoves tivo que retirarse case ao final da sesión de adestramento tras mancarse no nocello nunha acción fortuíta con Adighibe.
Tras pasar as pertinentes probas médicas, determinouse que o defensor granate sofre unha escordadura, o que lle descarta para o duelo do domingo en Pasarón contra o filial do Real Oviedo. Será a súa evolución nos próximos días a que marque a súa dispoñibilidade para a seguinte xornada ligueira.
Campillo únese desta forma a unha lista de baixas na que tamén figura Adrián Cruz por lesión e Romay por sanción.
No caso de Cruz, Carlos Pouso confirmou este venres en rolda de prensa que "sigue el proceso individualizado de potenciación de la zona donde tenía lesión y yo creo que si Dios quiere empezará la próxima semana", sinalou en relación á súa incorporación ao traballo co resto do grupo.
Relacionadas:
-
Calma tensa nun Pontevedra que só pensa xa na permanencia
Por Diego Espiño |
-
A visita do Oviedo B a Pasarón "no es un partido más"
Por Diego Espiño |
-
A recuperación de Adrián Cruz, a ritmo lento
Por Diego Espiño |
-
Importante baixada no prezo das entradas para o Pontevedra-Oviedo B
Por Redacción |
-
O Pontevedra recibirá 147.000 euros da Federación Española
Por Diego Espiño |
-
Os peores números nun arranque de ano desde o descenso a Terceira
Por Diego Espiño |
-
Remonta o Atlético Baleares a un digno Pontevedra que merece máis pero asómase ao abismo (3-1)
Por Ramiro Espiño |