O TM Monte Porreiro, sen opción ante o Irun Leka Enea e cae con claridade (4-0)
Por Redacción
O Visit Pontevedra masculino viaxou esta fin de semana a Guipúzcoa para medirse ao Irún Leka Enea, cadro que se atopa, polo momento, en primeiro posto da clasificación con 4 partidos gañados e un empatado (9 puntos). O conxunto de Monte Porreiro estaba necesitado de sumar despois de cultivar dúas derrotas consecutivas, pero non foi posible xa que caeron por 4-0 ante o seu rival.
Os encargados de abrir o choque foron o Bentancor e o local Endika Díez, que derrotou con autoridade ao xogador do Visit. Co 1-0, chegaba a quenda de Guillermo Martínez que fixo algo máis que o seu compañeiro logrando impoñerse no primeiro e cuarto xogos a Daniel Palacios. Co empate no marcador, xogábanllo todo no quinto xogo que finalmente llo levou o xogador anfitrión e sumou un novo punto para os vascos.
Cos locais dominando no marcador, os de Monte Porreiro estaban obrigados a reaccionar. Nico Galvano foi o seguinte pero tivo a mesma sorte que os seus compañeiros e só puido rascar un xogo ante Thomas Lle Breton que de nada serviu xa que era o terceiro punto para o Irún.
Chegaba a segunda quenda de Bentancor, esta vez fronte a Daniel Palacios. A pesar de que o xogador do Visit cedeu os dous primeiros xogos, no terceiro e cuarto impúxose ao seu rival, pero de nada serviu xa que o quinto e último levoullo o xogador vasco e puxo o definitivo 0-4 a favor do Irún Leka Enea.
A próxima semana o Visit Pontevedra recibirá no Príncipe Felipe ao Arteal TM no que supón o sexto partido da tempada.
Consulta a acta do Irún Leka Enea- Visit Pontevedra.
Pola súa banda, o equipo feminino de Monte Porreiro tamén perdeu. Recibiron no Príncipe Felipe ao Suris Calella, equipo que se atopa en cuarto lugar empatadas a 8 puntos co Visit (terceiro posto).
A pesar de comezar levándose o primeiro xogo, as locais terminaron cedendo os tres seguintes. O resultado final foi de 2-4.
Consulta a acta do Visit Pontevedra- Suris Calella.
Relacionadas:
-
Vitoria contundente do TM Monte Porreiro fronte ao Alacante (1-4)
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro vence o San Sebastián de los Reyes e suma a súa quinta vitoria esta tempada (4-2)
Por Redacción |
-
Segunda vitoria consecutiva do Tenis de Mesa Monte Porreiro tras gañar o AD Vincios (1-4)
Por Redacción |
-
Importante vitoria do Tenis de Mesa Monte Porreiro ante o Arteal na Superdivisión masculina
Por Redacción |
-
Derrota do Visit Pontevedra ante o líder, o Priego TM (2-4)
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Visit Pontevedra feminino volve gañar e conta os seus partidos por vitorias
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro cae ante o Híspalis e suma a súa primeira derrota desta tempada (4-0)
Por Redacción |
-
A boa serie do TM Monte Porreiro continúa cunha vitoria fronte ao L'Escala (4-1)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Gran debut do TM Monte Porreiro que inicia a liga con vitoria fronte o Leganés
Por Redacción |