O TM Monte Porreiro cae ante o Híspalis e suma a súa primeira derrota desta tempada (4-0)
Por Redacción
O Visit Pontevedra desprazouse esta fin de semana a Sevilla para disputar o terceiro encontro de Superdivisión masculina de tenis de mesa co que buscaba continuar coa boa serie cultivada ata este momento con dúas vitorias nos dous últimos partidos xogados.
O encontro estivo dominado polo conxunto andaluz en todos e cada un dos cruces. Guillermo Martínez foi o primeiro en tomar parte e enfrontarse a Andrei Baiduldin, que levou o partido sen ceder ningún set ao xogador de Pontevedra.
A continuación chegou a quenda de Betancour que, igual que Martínez, cedeu os tres sets ao seu rival, Francisco Ruiz. Con este novo punto, o Híspalis tomaba unha vantaxe de dous puntos no marcador global sobre os visitantes.
Galvano era o seguinte. Despois de perder o primeiro set ante Gustavo Gómez, o de Monte Porreiro púxollo un pouco máis complicado ao seu rival pero, despois de igualarlle o partido, cedeu os dous restantes e os locais aumentaron a renda (3-0).
Co encontro xa perdido, de novo chegou a quenda de Guillermo Martínez que se impuxo no primeiro set. Enfrontouse a Francisco Ruiz que enseguida remontou e levou os tres últimos xogos para poñer o 4-0 no marcador final.
Esta é a primeira derrota do Tenis de Mesa Monte Porreiro nesta tempada. A próxima xornada recibirá no Pavillón do Príncipe Felipe ao Caixa Sur de Córdoba.
Consulta a acta do partido entre o Híspalis-Visit Pontevedra na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro, sen opción ante o Irun Leka Enea e cae con claridade (4-0)
Por Redacción |
-
Derrota do Visit Pontevedra ante o líder, o Priego TM (2-4)
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Visit Pontevedra feminino volve gañar e conta os seus partidos por vitorias
Por Redacción |
-
A boa serie do TM Monte Porreiro continúa cunha vitoria fronte ao L'Escala (4-1)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Gran debut do TM Monte Porreiro que inicia a liga con vitoria fronte o Leganés
Por Redacción |