Importante vitoria do Tenis de Mesa Monte Porreiro ante o Arteal na Superdivisión masculina
Por Redacción
Paso á fronte do Tenis de Mesa Monte Porreiro na máxima categoría masculina, a Superdivisión, despois de lograr a súa terceira vitoria da tempada na visita do Arteal.
Os pontevedreses, que levaban tres xornadas sen sumar, superaron ao seu rival no duelo galego con autoridade e vanse aos 6 puntos, afastándose así a 4 da zona de descenso.
Sobre a pista do pavillón de Príncipe Felipe, o Visit Pontevedra levou a iniciativa desde o primeiro punto, que lle deu Horacio Cifuentes ao vencer a José Enio Mendes.
O Arteal reaccionou empatando ao superar o seu xogador Humberto Manhani ao local Martín Betancor, pero a partir de aí non houbo cor. O Monte Porreiro sentenciou cos triunfos de Nico Galvano e Horacio Cifuentes sobre Moisés Álvarez e Humberto Manhani respectivamente.
Con todo decidido o Arteal sumou o seu segundo punto e Martín Betancor redondeou o 4-2 final para os pontevedreses.
Na próxima xornada, a sétima da Superdivisión, o Tenis de Mesa Monte Porreiro visitará ao AD Vincios, cuarto clasificado cun punto máis (7).
Relacionadas:
-
Vitoria contundente do TM Monte Porreiro fronte ao Alacante (1-4)
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro vence o San Sebastián de los Reyes e suma a súa quinta vitoria esta tempada (4-2)
Por Redacción |
-
Segunda vitoria consecutiva do Tenis de Mesa Monte Porreiro tras gañar o AD Vincios (1-4)
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro, sen opción ante o Irun Leka Enea e cae con claridade (4-0)
Por Redacción |
-
Derrota do Visit Pontevedra ante o líder, o Priego TM (2-4)
Por Diego Torrado & Redacción |