Lupe Murillo ve "falta de actitud" no plantel pero entende que "cuando algo va mal hay que buscar un culpable"

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz
Apenas media hora despois de confirmarse a destitución de Luismi como adestrador do Pontevedra Club de Fútbol, a presidenta do Consello de Administración, Lupe Murillo, compareceu ante os medios de comunicación para xustificar a decisión e deixar algunha que outra mensaxe principalmente a un plantel que "tiene que dar mucho más".
"Es un momento difícil en lo humano", recoñeceu a dirixente ante a boa relación persoal que mantén co técnico desde hai anos, pero "a veces hay que tomar decisiones que no tomaríamos si nos llevara el corazón", sinalou á vez que agradecía a dedicación do preparador.
Con todo no fútbol os resultados mandan, e a pesar de que "es un equipo que estaba configurado para aspirar a grandes logros" o certo é que "es evidente que el equipo no juega bien y no nos gusta lo que vemos en el campo", asegurou.
Murillo fixo tamén autocrítica. "En un equipo cuando algo va mal hay que buscar un culpable. En este caso ha sido Luismi pero claro que todos tenemos parte de culpa, yo la asumo en primera persona", recoñeceu, aínda que á súa vez cargou contra a "falta de actitud de los que están en el campo", en relación á actuación dos futbolistas, tanto recentemente chegados como veteranos, especialmente en certos encontros como as derrotas en Ferrol, contra o Atlético de Madrid B, o Castilla ou a do último domingo.
Lupe Murillo: "Como representante y socia de este club exijo mucho más a nuestros jugadores"
De feito "en cinco años que llevo de presidenta nunca vi un partido tan espantoso como el que vimos contra el Atlético B en Pasarón, ahí se nos encienden las alarmas", revelou a máxima dirixente da entidade, que "como representante y socia de este club exijo mucho más a nuestros jugadores".
Lupe Murillo en todo caso pediu o apoio dos afeccionados granates ao entender que hai tempo aínda para reaccionar e "si no les apoyamos va a ser complicado que salgamos de esta situación".
UNHA LISTA DE 18 CANDIDATOS
Chegados a este punto, momentaneamente será o ata o de agora segundo adestrador, Jesús Ramos, o que se fará cargo do equipo empezando polo adestramento programado para este martes 22 de outubro e sen descartar que se chegue a sentar no banco de Barreiro para o duelo ligueiro contra o Celta B.
Mentres tanto, o Consello de Administración valora as diferentes posibilidades que se lle presentan. "En este momento hay 18 en una lista", revelou Murillo, que como único requisito para o cargo sinalou que o novo técnico "tiene que ser alguien que conozca la categoría" e que supoña un cambio "en casi todo".
Rolda de prensa de Lupe Murillo trala destitución de Luismi
Lupe Murillo, presidenta do Pontevedra CF
© PontevedraViva
Relacionadas:
-
Fin de ciclo no Pontevedra nun ano de ascenso para o Peixe Galego e de descenso do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Carlos Pouso, pechado á espera do anuncio oficial
Por Diego Espiño |
-
Acordo antes do mércores co novo adestrador ou prórroga a Jesús
Por Diego Espiño |
-
Goles canteiráns para unha remontada agónica do Pontevedra ao Celta B (1-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
"No tengo fecha de caducidad", asegura Jesús Ramos ante a súa estrea no banco granate
Por Diego Espiño |
-
Pol Bueso, o oitavo lateral
Por Diego Espiño |
-
Edu pide un voto de confianza no plantel: "No estamos dando nuestro mejor nivel, pero no porque no queramos"
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos asume o mando de maneira interina disposto a afrontar "lo que me toque"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Luismi deixa de ser adestrador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Roberto Feáns: "Hay que tomar medidas y buscar soluciones"
Por Diego Espiño |
-
Ridículo dun Pontevedra en crise ante o pechacancelas Getafe (2-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |