Edu pide un voto de confianza no plantel: "No estamos dando nuestro mejor nivel, pero no porque no queramos"

Por Diego Espiño
Aos poucos as augas van retomando ao seu leito no Pontevedra Club de Fútbol, mentres se resolve a incógnita de quen ocupará o lugar de Luismi no banco granate ata final de tempada tras o cesamento do técnico.
Así, o foco de atención empeza a recaer de novo sobre o verde, e aí unha voz autorizada saíu este mércores á palestra para defender o traballo realizado e pedir un voto de confianza aos afeccionados.
"Te aseguro que somos muy autocríticos y muy autoexigentes. Yo voy por la calle y voy como que debo algo, es una sensación que denota el compromiso de todos y de ser conscientes que podemos dar un poco más", sinala Edu Sousa, capitán do primeiro equipo pontevedrés.
"Hay que ser francos, mirar nuestro ombligo y entonar el mea culpa. Nosotros tenemos responsabiliad de lo que está pasando", recoñece o gardameta, que tivo palabras de agradecemento cara ao que ata este luns era o seu adestrador e que tamén se referiu, a preguntas dos xornalistas, ás declaracións da presidenta nas que aseguraba ver "falta de actitud".
Edu Sousa: "Lo único que nos hace falta es una victoria para cambiar la dinámica que llevamos. Creo que después de eso todo se verá de otra forma"
"Sabemos que no estamos dando nuestro mejor nivel, pero no porque no queramos dar nuestro mejor nivel", defende Edu, para quen cun triunfo o vindeiro sábado en Vigo pode empezar a cambiar para ben o panorama. "Necesitamos una victoria como el comer. Nosotros creemos, sabemos que somos buenos jugadores y sabemos que estamos bien entrenados, sabemos que el trabajo está ahí, lo único que nos hace falta es una victoria para cambiar la dinámica que llevamos. Creo que después de eso todo se verá de otra forma", explica un dos veteranos do equipo.
Iso pasa tamén por corrixir erros, ou o que é o mesmo "tener más concentración, salir más activados, mirarse al ombligo y pensar en lo que cada uno puede dar más para revertir esta situación".
Por todo iso "mantendría un poco la cabeza en su sitio, la calma", pediu Edu Sousa á vez que instaba a contorna a "confiar plenamente en todos los que estamos aquí". Verbas de capitán.
BUSTOS EXERCÍTASE A MENOR RITMO
A segunda sesión de traballo da semana, celebrada de novo no campo de fútbol de Cerponzóns, tivo nun dos seus protagonista a Álvaro Bustos. O extremo, que recibiu o premio do club como mellor xogador do mes de setembro, completou a parte final do adestramento a menor ritmo que os seus compañeiros por precaución xunto ao 'tocado' Berrocal e ao lesionado Campillo. Os tres futbolistas estiveron nun principio co grupo pero terminaron retirándose ao carón para realizar exercicios de recuperación co fisioterapeuta do club, Manu Barros. Con todo, tanto Bustos como Berrocal esperan estar dispoñibles para o choque do sábado.
Relacionadas:
-
Acordo antes do mércores co novo adestrador ou prórroga a Jesús
Por Diego Espiño |
-
Goles canteiráns para unha remontada agónica do Pontevedra ao Celta B (1-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
"No tengo fecha de caducidad", asegura Jesús Ramos ante a súa estrea no banco granate
Por Diego Espiño |
-
Pol Bueso, o oitavo lateral
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos asume o mando de maneira interina disposto a afrontar "lo que me toque"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Lupe Murillo ve "falta de actitud" no plantel pero entende que "cuando algo va mal hay que buscar un culpable"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Luismi deixa de ser adestrador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Roberto Feáns: "Hay que tomar medidas y buscar soluciones"
Por Diego Espiño |
-
Ridículo dun Pontevedra en crise ante o pechacancelas Getafe (2-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |