Carlos Pouso, pechado á espera do anuncio oficial

Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol pechou o acordo con Juan Carlos Pouso para que se converta no novo adestrador do equipo en substitución do cesado Luismi.
Tras preto dunha semana de negociacións, o preparador vasco e o club granate comprometéronse para que dirixa ao equipo e tente endereitar o irregular inicio de tempada.
Segundo confirmaron fontes próximas ao club, a intención do Pontevedra é que Pouso asuma o mando na primeira sesión de traballo da próxima semana, é dicir, o luns día 4 de novembro, tras o duelo ante o Melilla, que aínda dirixirá Jesús Ramos.
Só falta pois o anuncio oficial da entidade granate, unha confirmación que probablemente non se producirá ata a conclusión do encontro do domingo (12:00 horas).
Carlos Pouso cumpre o perfil que buscaba o Pontevedra, a dun preparador que "conozca la categoría", tal e como demandou a presidenta Lupe Murillo o día da destitución de Luismi, e é que o técnico vasco, de 59 anos de idade, é todo un veterano na Segunda División B, onde adestrou a equipos como o Sestaos River, Guijuelo, UD Logroñés e Mirandés, logrando con este último o ascenso a Segunda División en 2012 e a xesta de chegar ata as semifinais da Copa do Rei. O seu último equipo foi o Racing de Santander na campaña 17-18.
Relacionadas:
-
Primeira toma de contacto de Carlos Pouso co plantel
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Carlos Pouso comprométese co Pontevedra ata final de tempada esperando "no defraudar"
Por Diego Espiño |
-
Así, si. O Pontevedra reivindícase cun gran triunfo sobre o Melilla (3-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Carlos Pouso toma nota do 'seu' Pontevedra na bancada de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Tres importantes puntos en xogo entre Pontevedra e Melilla para pechar a era pre-Pouso
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e Melilla cruzan os seus camiños 13 anos despois
Por Diego Espiño |
-
A interinidade de Jesús Ramos ten data de caducidade: dous partidos máis
Por Diego Espiño |
-
Praga de lesións musculares no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Acordo antes do mércores co novo adestrador ou prórroga a Jesús
Por Diego Espiño |
-
Goles canteiráns para unha remontada agónica do Pontevedra ao Celta B (1-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Lupe Murillo ve "falta de actitud" no plantel pero entende que "cuando algo va mal hay que buscar un culpable"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |