VÍDEO.- Sergio Troitiño consegue a medalla de ouro no Europeo cadete de taekwondo
Por Diego Espiño
O taekwondo marinense está de parabén grazas ao papel de Sergio Troitiño no Campionato de Europa Cadete, que este xoves vivía a súa última xornada na localidade castellonenca de Marina D'Or, antes de dar paso á competición júnior.
Troitiño, deportista do Mat's de Marín, realizou un torneo inmaculado para proclamarse campión continental levando a medalla de ouro na categoría de +65 quilos.
O seu primeiro rival no cadro foi o turco Aziz Mert Saglam, ao que non deu opción ao impoñerse por 17-0. Máis rifado foi o seu seguinte combate contra o ruso Egor Tishkin, pero Sergio amornou ben os nervios para vencer por 23-19 e avanzar aos cuartos de final, onde esperaba o croata David Krmek, ao que non deu opción (30-11).
Xa en semifinais e loitando polas medallas, o taekwondista marinense mostrou de que pasta está feito para superar ao grego Xristos Karagoulas nun duelo tremendamente igualado que se decidiu no desempate.
Así se plantou na final, onde se atoparía ao tamén grego Theofanis Choussein. Puido gañar calquera dos dous, pero foi Troitiño o que levou o gato á auga (17-16) para sumar unha medalla de ouro que foi celebrada ao grande por todos os seus compañeiros de selección, tal e como demostra o vídeo co que a Federación Galega quixo felicitalo polo seu éxito.
Pechado o Europeo Cadete, a actividade continúa en Marina D'Or co Campionato de Europa Júnior, no que estará presente o pontevedrés Giovanni Imparato (Mace Sport) ademais dos galegos Desiree Rivadulla (+68, Suh Sport), María Ferreiro (-44, Couto), Diana Siota (-49, Couto), Cloe Iglesias (-59, Patiño Moaña), Ainhoa García (-63, Couto), Alejandro Paz (-55, Natural Sport Riveira) e Pablo Patiño (-68, Patiño Moaña).
Relacionadas:
-
Sara Cortegoso, Iván García e Arlet Ortiz, ouros pontevedreses no Nacional de taekwondo
Por Redacción |
-
O Mace Sport finaliza a tempada co Campionato de España de Exhibición de Taekwondo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Presentan o Campionato de España de Exhibición de Taekwondo que se celebrará o 29 de decembro en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Segunda medalla de prata nunha semana de Iván García a nivel internacional
Por Redacción |
-
Éxito de participación na XII edición do Campionato Internacional de Taekwondo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Mace Sport atrae a 1.500 taekwondistas ao seu clásico Open Cidade de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Semana europea para o taekwondo pontevedrés
Por Redacción |
-
Bos resultados para o Mace Sport nos nacionais sub-21, júnior e cadete de taekwondo
Por Redacción |
-
O número 1 do ranking internacional apea a Iván García do Mundial de taekwondo
Por Redacción |