O Arosa leva o derbi na casa ante o Ribadumia e condénalle ao descenso (2-1)
Por Redacción
O Arosa recibiu, esta fin de semana, ao Ribadumia, que se atopa nunha situación complicada de fronte ao derradeiro partido, para disputar o último derbi da tempada. Os locais posiciónanse, así, oitavos na táboa de Terceira, pero sen posibilidades de optar a un posto superior. Peor lle foron as cousas aos visitantes, que dependían do resultado para non caer a Preferente e terminaron certificando o seu descenso matemático de categoría.
Aos 14 minutos de xogo, Mou xa adiantaba aos seus no marcador, deixando desta forma constancia da súa superioridade no xogo. A pesar diso, non foron quen de crear ocasións de perigo no tempo restante ata o descanso, o que facía que se fosen ao mesmo cun 1-0.
Coa continuación, os arousáns volveron facer o mesmo que ao principio. Esta vez, por medio de Sylla, no 49', aumentaban a renda e dificultaban o partido aos seus rivais. Con todo, uns minutos despois, Rodri lograba recortar distancias e dar esperanzas aos seus. Aínda quedaba moito tempo na Lomba. Pero non foi suficiente, xa que chegaron ao 90' co 2-1 a favor dos de Rafa Sáez.
Consulta a acta do Arosa-Ribadumia.
Pola súa banda, o Céltiga, que necesitaba custe o que custe puntuar, non conseguiu os tres puntos da xornada ante o Alondras. Isto condénalles tamén ao descenso de categoría, aínda que no seu caso se gañan na última xornada poden escapar dos catro últimos e quedar a expensas de posibles ascensos galegos a Segunda B que eliminen os dous arrastres actuais, polas caídas desde a división de bronce de Fabril e Rápido de Bouzas.
Foron os locais os que dominaron a primeira parte do envite. Xa no minuto 8 adiantábanse no marcador cun tanto de Álex Rey. A partir dese momento a balanza estivo máis equilibrada. A falta de ideas no bando visitante e a menor efectividade de cara a portería dos do Alondras ocasionaron que o choque se fose ao descanso cun 1-0 no electrónico.
A dinámica foi a mesma durante toda a segunda parte, ata que un gol de Yelco no último minuto da mesma terminase por dar a vitoria aos locais (2-0).
Relacionadas:
-
O Arosa volve apostar por Rafa Sáez como adestrador
Por Sofía Lorenzo |
-
Manolo Abalo, reelexido presidente do Arosa tras arrasar nas eleccións
Por Sofía Lorenzo |
-
Final de tempada agridoce do Arousa ao caer ante o Somozas (1-0)
Por Redacción |
-
O Arosa cae en Lugo ante o Villalbés no tempo de desconto (1-0)
Por Redacción |
-
O Arosa di adeus casi a toda posibilidade de entrar na fase de ascenso ao caer ante o Arenteiro (2-1)
Por Redacción |
-
Partido de necesidade que remata con final feliz para o Ribadumia a costa do Céltiga (3-2)
Por Redacción |