Partido de necesidade que remata con final feliz para o Ribadumia a costa do Céltiga (3-2)
Por Redacción
Tarde de necesidade este domingo na Senra, onde o Ribadumia derrotou ao Céltiga, conseguindo tres importantes puntos, que, aínda que non o despegan dos postos máis antos da clasificación, axudan a abrir o camiño para facelo a falta de seis partidos. Os arousáns, con todo, suman a súa segunda derrota consecutiva, complicándose a salvación.
Dous goles iniciais (no 10' e no 17') de penalti, o primeiro de Tomás Abelleira e o segundo de Hugo Soto, permitiron aos locais gañar unha esperanzadora vantaxe (2-0). Escasos minutos despois, os visitantes responderon reducindo a renda. Foi Javi Ben quen acertou na portería de Roberto Pazos (2-1). E non só iso, senón que chegaron a igualar o electrónico no 27' grazas a un oportuno tiro de Ígor Sevivas. Co partido aberto fóronse ao descanso. Calquera cousa podería pasar.
Tras o paso polos vestiarios, foi Moncho Fontán quen deu a vitoria aos locais nada máis comezar a segunda parte. Ante a incapacidade dos visitantes de volver igualar o encontro, finalizou un choque non apto para cardíacos.
Consulta a acta do Ribadumia-Céltiga CF.
Vitoria importantísima do Arosa ante o CD Boiro en Barraña. Ademais, con autoridade, sumando, así, a súa segunda xornada consecutova puntuando. Desta maneira, os de Rafa Sáez posiciónanse sextos a falta de seis partidos para o final da tempada.
A metade da primeira parte desenvolveuse sen ocasións perigosas por parte de ambos os cadros. Foi Sylla, máximo goleador de Terceira (23 goles en 32 partidos), o encargado de inaugurar o marcador pasado o ecuador do período inicial (39'). E así marcharían ao descanso.
Foi despois da continuación que os visitantes, por medio de Luís García, tras un centro de Mario, aumentaron a súa renda (48'). Despois de varias ocasións de gol por parte dos arousáns, Mou marcou o 0-3 (70'). Con todo, cando parecía que ese sería o resultado final, os anfitrións conseguiron, grazas a Carlos Silva, recortar distancias (81'). Un tanto ao que respondienron os de Sáez no último minuto. Carlos Torrado realizou un espectacular disparo que trouxo a gloria a Vilagarcía (1-4).
Relacionadas:
-
O Arosa leva o derbi na casa ante o Ribadumia e condénalle ao descenso (2-1)
Por Redacción |
-
O Arosa cae en Lugo ante o Villalbés no tempo de desconto (1-0)
Por Redacción |
-
O Arosa di adeus casi a toda posibilidade de entrar na fase de ascenso ao caer ante o Arenteiro (2-1)
Por Redacción |
-
Xornada redonda para un Céltiga que casi abandona a zona de perigo gañando ao Somozas (2-0)
Por Redacción |
-
O Arosa non aproveita a superioridade numérica e cae ante o Choco na casa (0-1)
Por Redacción |
-
O Ribadumia sigue en perigo a falta de cinco partidos tras perder ante o Alondras (1-0)
Por Redacción |
-
Dous goles de Sylla na Lomba dan a vitoria ao Arosa ante o Barco (2-1)
Por Redacción |
-
O Ribadumia continúa ancorado á zona de perigo tras a derrota ante o Ourense CF (0-1)
Por Redacción |
-
Un gol de Luís García dálle ao Arosa unha importante vitoria ante o UD Ourense (1-0)
Por Redacción |