O Arxil vence o Cerdanyola e abandona os postos de descenso (47-65)
Por Sofía Lorenzo
O Arxil volveu este sábado á competición ante o CBF Cerdanyola nun choque contra un rival directo. As pontevedresas chegaron á décima terceira xornada de liga co obxectivo de alcanzar a súa primeira vitoria fóra da casa e, pola súa banda, as locais, ancoradas á última posición con todo derrotas, loitando, aínda que sen froitos, por deixar atrás a súa mala xeira. Finalmente, a vitoria galega, sumada, á súa vez, á derrota do Maristas Coruña, fixo posible que as de Mayte Méndez abandonasen os postos de descenso.
A primeira parte foi completamente para as visitantes. Un cuarto inicial impecable (12-21) supuxo, desde o principio, unha cómoda vantaxe, que iría aumentando progresivamente ao longo da mesma. Mostra diso, e como dato revelador, foi o feito de que o equipo catalán non puidese gañar ningún dos 3 restantes.
O segundo tempo, totalmente distinto. Ao cadro local veulle ben o seu paso polo vestiario, o que fixo que resultase este moito máis equilibrado. Ambos os parciais, aínda sendo gañados polas galegas (14-15 e 11-12), satisfixeron moito máis ao público barcelonés que os anteriores e deixaban crible (aínda que fose pouco probable) a posibilidade de remontada. Con todo, non ocorreu tal cousa. A vantaxe adquirida durante o primeiro tramo do encontro foi unha laxa demasiado pesada como para que sucedese, finalizando, así, cun resultado bastante avultado a favor das 'verdes' (47-65).
A destacar, unha vez máis, o fantástico partido realizado por Gala Mestres (19 pts). Ela, xunto co gran xogo interior mostrado, sobre todo, nestas últimas xornadas, están a ser as principais bazas do Arxil para tentar manterse fóra da zona vermella da táboa.
Conclúe, desta forma, a primeira volta. A pesar dun inicio nada esperanzador, o final foino algo máis. Durante a próxima semana, as de Méndez prepararán o partido ante o Mataró, onde buscarán o desquite (esta vez en Cataluña) e prolongar a súa boa serie actual, alcanzando a súa terceira vitoria consecutiva.
Relacionadas:
-
A falta de gasolina no último cuarto condena o Arxil ante o Cortegada (60-72)
Por Sofía Lorenzo & Mónica Patxot |
-
O Arxil morre na beira ante o líder invicto, o Celta (64-76)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Derbi de altura para o Arxil ante o líder invicto
Por Almu Dapena |
-
O Arxil gaña a revancha ao Mataró e continúa ascendendo na táboa (84-87)
Por Sofía Lorenzo |
-
Viaxe exprés do Arxil a Mataró para afrontar o primeiro partido da segunda volta
Por Redacción |
-
Semanas de peregrinación no Arxil para preparar o regreso da Liga Feminina 2
Por Diego Espiño |
-
O CB Arxil despide o ano ao grande ante o Segle XXI (63-62)
Por Sofía Lorenzo |