Viaxe exprés do Arxil a Mataró para afrontar o primeiro partido da segunda volta
Por Redacción
Dúas vitorias consecutivas, que serviron para escapar da zona de descenso, elevaron a moral do Club Baloncesto Arxil para unha segunda volta de competición da Liga Feminina 2 que comeza esta mesma fin de semana.
Faio para as pontevedrés cun desprazamento exprés a Mataró para enfrontarse a un conxunto catalán que marcha na oitava posición da táboa (6-7) con tres vitorias de diferenza sobre as verdes.
O Mataró aceptou cambiar o horario do choque a un pouco habitual, xa que se disputará este sábado ás 14:00 horas no polideportivo Eusebi Millán de Barcelona, para facilitar a viaxe da expedición arxilista e evitar unha pernoita que aumentaría considerablemente o gasto para as axustadas contas do club.
Desta forma o Arxil viaxará á primeira hora da mañá en avión a Barcelona para regresar noutro voo ás 19:00 horas da tarde.
No estritamente deportivo as xogadoras adestradas por Mayte Méndez buscarán prolongar o seu bo momento que lle permita afrontar con maior tranquilidade o dobre e esixente derbi provincial que se aveciña nas seguintes xornadas ante o líder, o Celta, e o Cortagada de Vilagarcía.