O Ciudad de Pontevedra finaliza en cuarto posto no Nacional de Novas Promesas de piragüismo
Por Redacción
O encoro asturiano de Trasona, en Avilés, foi escenario durante a fin de semana do Campionato de España Sprint de Novas Promesas, no que a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra tivo unha importante cota de protagonismo.
O club pontevedrés finalizou na cuarta posición da clasificación por equipos con 631 puntos, a só 8 do podio que pechou o Náutico Pontecesures (639 puntos), aínda que xa máis lonxe de Piragüismo Aranjuez (761 puntos) e o vencedor, o Club Náutico de Sevilla (860 puntos).
Tras a primeira xornada, coas competicións individuais, o Ciudad encabezaba a clasificación, pero non puido manter a súa posición o domingo, aínda que foi o equipo galego con máis medallas conseguidas con 7.
Destacan entre elas o dobrete en Cadete A con ouro e prata para Antía Otero e Ángela Jorge, a de Fátima Moreira en K-1 Cadete ou a medalla de ouro para Martín Jácome en C-1 Cadete A, con Ángel Fuego (Piragüismo Poio) segundo.
Ademais o Ciudad de Pontevedra subiu ao podio á recoller a copa como vencedor na Liga Nacional Cadete Feminina.
Relacionadas:
-
Antía Otero, ilusionada e "un poco nerviosa" ante o reto dos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Diego Espiño |
-
Acento pontevedrés na convocatoria nacional para o Campionato do Mundo de Piragüismo
Por Redacción |
-
Manuel Fontán queda ás portas do podio no Mundial Júnior de piragüismo
Por Redacción |
-
Náutico Pontecesures e Ciudad de Pontevedra repártense os títulos autonómicos de piragüismo
Por Redacción |