Náutico Pontecesures e Ciudad de Pontevedra repártense os títulos autonómicos de piragüismo
Por Redacción
Durante toda a fin de semana disputáronse no encoro de Pontillón de Castro en Verducido as probas pertencentes ao Campionato Galego Sprint para as categorías infantil e cadete.
O sábado comezaba a competición coas carreiras para os infantís A e B sobre a distancia de 1000 metros. Despois dunha longa xornada que terminaba ás 20:00 da tarde, o Club Náutico Pontecesures facíase co título de campión galego masculino e feminino. O conxunto cesurán impúxose na xeral masculina con 551 puntos. O segundo posto foi para o Club Náutico Firrete (239 puntos) e o terceiro para o Club As Torres Romaría Viquinga (185 puntos).
Polo que respecta á clasificación feminina o Náutico Pontecesures sumaba 447 puntos, mentres que o Club As Torres Romaría Viquinga (272 puntos) lograba a segunda posición e o Club Náutico Firrete (210) ocupaba o terceiro lugar no podio.
Na categoría cadete, na mañá do domingo, o club Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra lograba a primeira posición na xeral masculina e feminina. O conxunto pontevedrés estivo acompañado no podio masculino por Club Náutico Pontecesures e o Club Kaiak Tudense-Axuda Paramos, mentres que o podio por equipos feminino completábano o Club As Torres Romaría Viquinga e o Club Piragüismo Rías Baixas.
A nivel individual destacan as vitorias de Anxo García (Piragüismo Verducido) en K1 infantil A, Mario Santos (Náutico Pontecesures) en K1 infantil B, David Bautista (E. P. Ciudad de Pontevedra) en C1 infantil A, Pedro Torrado (As Torres) en C1 infantil B, Andrea García (Cabanas KDM) en K1 infantil A, Ánxela Fontán (Piragüismo Verducido) en K1 infantil B, Valeria Oliveira (Breogán) en C1 infantil A, Alba Rodríguez (Piragüismo Poio) en C1 infantil B, Martín Jácome (E. P. Ciudad de Pontevedra) en C1 cadete, Fátima Moreira (E. P. Ciudad de Pontevedra) en K1 cadete e Miguel Paz (Piragüismo Verducido) en K1 cadete.
Relacionadas:
-
O Ciudad de Pontevedra finaliza en cuarto posto no Nacional de Novas Promesas de piragüismo
Por Redacción |
-
Manuel Fontán queda ás portas do podio no Mundial Júnior de piragüismo
Por Redacción |
-
Unha instalación modular acollerá temporalmente ao Club de Piragüismo
Por Redacción |
-
Sumar o seu cuarto título Mundial, próximo obxectivo dun incansable Óscar Graña
Por Diego Espiño |
-
O piragüismo pontevedrés, protagonista na casa no Campionato de España Sprint
Por Redacción |