Manuel Fontán queda ás portas do podio no Mundial Júnior de piragüismo
Por Redacción
A só 82 milésimas do podio mundialista quedou Manuel Fontán (Náutico O Muíño) na última xornada do Campionato do Mundo Júnior e Sub-23 de piragüismo que se celebrou ata este domingo na localidade búlgara de Plovdiv.
O caonísta de Ribadumia foi cuarto na final C-4 500 metros en categoría júnior xunto a Joan Antoni, David Sánchez e Nicolás Sprimont, nunha carreira na que pelexaron ata a última palexada polo podio con Rusia, Ucraína, Alemaña que levaron o ouro, prata e bronce respectivamente.
Na última xornada do Mundial tamén competiron María de la Peña (Ciudad de Pontevedra) con María Pérez (O Muíño) no C-2 500 metros júnior, pero non lograron pasar das semifinais, do mesmo xeito que Carolina García (Ciudad de Pontevedra) no K-2 con Bárbara Pardo.
Si se meteron na final Sub-23 da mesma modalidade, o C-2 500 metros, Antía Jácome (Ciudad de Pontevedra) coa súa compañeira Belén Díaz, conseguindo a novena posición final. Mesmo posto conseguiron Noel Domínguez (Breogán) con Gonzalo Martín tamén no C-2.
A Federación Galega de Piragüismo valora positivamente o papel dos seus padexeiros nesta competición internacional, ata 14 deportistas, ao tratarse na maioría dos casos de piragüistas de primeiro ano tanto en idade xuvenil como sub-23.
Relacionadas:
-
Acento pontevedrés na convocatoria nacional para o Campionato do Mundo de Piragüismo
Por Redacción |
-
O Ciudad de Pontevedra finaliza en cuarto posto no Nacional de Novas Promesas de piragüismo
Por Redacción |
-
Náutico Pontecesures e Ciudad de Pontevedra repártense os títulos autonómicos de piragüismo
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés, protagonista na casa no Campionato de España Sprint
Por Redacción |