España e Grecia serán cabezas de serie na fase final da Europa Cup de waterpolo en Pontevedra
Por Diego Espiño
Cando falta mes e medio para a súa celebración, a Fase Final da Europa Cup de waterpolo feminino que se disputará en Pontevedra xa coñece o nome dos equipos nacionais participantes.
Pechada a fase inicial da competición, as seleccións que serán cabeza de serie na piscina olímpica de Pontemuíños será a actual subcampioa do Mundo, España, e tamén Grecia, como primeiros clasificados nos seus respectivos grupos.
Na previa disputada en Holanda, España foi primeira de grupo despois de gañar tres dos seus partidos ante Rusia (8-7), Francia (22-5) e Croacia (25-5) e ter empatado ante a selección local (8-8).
Pola súa banda no grupo clasificatorio celebrado en Grecia, o conxunto anfitrión foi primeiro superando a Hungría, Italia, Alemaña e Israel.
Desta forma, os seis equipos (tres de cada grupo clasificatorio) que xogarán a Final a 6 do 22 ao 24 de marzo en Pontevedra serán: España, Holanda, Rusia, Grecia, Hungría e Italia.
Como cabezas de serie España e Grecia accedederán directamente ás semifinais da competición internacional, mentres que os outros catro equipos (Holanda, Rusia, Hungría e Italia) deberán enfrontarse entre eles nos cuartos de final.
Tras lograr o primeiro posto de grupo en Holanda, o seleccionador nacional español, Miki Oca, recoñeceu en declaracións á Real Federación Española de Natación que en Pontevedra "queremos facelo ben pero sen perder o noso gran obxectivo da tempada que son os Campionatos de Europa de verán en Barcelona".
Relacionadas:
-
A Europa Cup de waterpolo levanta o pano e completa as súas semifinais
Por Redacción |
-
Cálida acollida en Pontevedra á Selección Española de Waterpolo
Por Diego Espiño & Gabriela Varela Asorey |
-
Pontemuíños acollerá un partido da Liga Mundial de waterpolo entre España e Hungría
Por Clara Alonso |
-
A fase final da Europa Cup de waterpolo desvela o seu horario de competición
Por Redacción |
-
Os eventos deportivos previstos en marzo atraerán preto de 1.300 deportistas, segundo o Concello
Por Redacción |
-
Xornada de traballo para ultimar a organización da Europa Cup de waterpolo
Por Redacción |
-
Un 2018 "extraordinario" a nivel deportivo traerá a máis de 40.000 persoas a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra acollerá en marzo a fase final da Europa Cup de waterpolo feminino
Por Diego Espiño |