Xornada de traballo para ultimar a organización da Europa Cup de waterpolo
Por Redacción
O ex-seleccionador nacional de waterpolo, Rafael Aguilar, agora director técnico da Federación Española de Natación, visitou este mércores a cidade para avanzar nos detalles organizativos da fase final da Europa Cup Feminina.
Aguilar mantivo un encontro co director do Servizo Municipal de Deportes e visitou as instalacións do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños, onde se disputará a competición de seleccións nacionais entre o 22 e o 24 do próximo mes de marzo.
Ademais das instalacións ou a infraestrutura hostaleira, o encontro serviu para avanzar no organigrama, horarios e seguridade da competición, na que participará o equipo español, actual subcampión mundial, ademais doutros cinco combinados nacionais.
Durante a visita a Pontemuiños estiveron tamén presentes representantes da Fundación Rías do Sur e da empresa concensionaria das instalacións.
Doutra banda, segundo sinalou o Concello de Pontevedra, trabállase na organización de actividades paralelas ao campionato para tentar promocionar o waterpolo aproveitando a presenza na cidade da Selección Española.
Relacionadas:
-
A fase final da Europa Cup de waterpolo desvela o seu horario de competición
Por Redacción |
-
España e Grecia serán cabezas de serie na fase final da Europa Cup de waterpolo en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Un 2018 "extraordinario" a nivel deportivo traerá a máis de 40.000 persoas a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra acollerá en marzo a fase final da Europa Cup de waterpolo feminino
Por Diego Espiño |